Importantes vitorias nunha bonita fin de semana

22 de Novembro de 2016

Santiago de Compostela, a 22 de Novembro de 2016.

Boa xornada para as categorías inferiores da SD Compostela. Os xogadores da base santiaguesa sumaron catro vitorias, entre as que destacamos a segunda consecutiva do Xuvenil de Liga Nacional, e un empate.

En primeiro lugar, os xuvenís de Vecho gañaron por segunda fin de semana seguida por catro goles de diferenza. En As Cancelas, o Barbadás non foi rival para un Compos que se foi ao descanso con 4-0 no marcador, e que rematou a faena cun 5-1 final.

Lexís García, no minuto 1; Dario Gontán, no 7; de novo Lexis, no 34; Jorge Rama, no 37; e Antón Romeu, no 80; foron os artífices dunha goleada que saca ao equipo dos postos de abaixo, ascendendo á undécima praza, un lugar que tentarán mellorar na dura visita ao campo do Vitoria, o sábado ás 16:00 na Grela 1.

Do mesmo xeito, o Xuvenil B de Primeira Autonómica sumou un importante triunfo no Municipal de Valga que lle permite seguir escalando na clasificación ata o decimoterceiro posto.

Os branquiazuis saíron motivados e no minuto 13 poñíanse por diante, mercé ao gol de Guillén Rivas. No 42, ampliaban vantaxe co tanto de Daniel Abeijón e a pesar de que o Cordeiro Cf recortaría distancias no 57, os tres puntos viaxaron para Santiago.

A semana próxima visitará As Cancelas un dos candidatos ao ascenso, o Xuventú Aguiño, terceiro clasificado. O partido será o domingo ás 12:00.

O Cadete tamén sumou outro triunfo, neste caso, ante o Crocha Balompé CF, por 5-0. Os tantos foron obras de Alejandro Domínguez, Raúl García, Juan Mallo e Marcos Andrade, por partida dobre.

Novenos na táboa, o próximo partido será contra o Santiago de Compostela, no Municipal da Barrosa, o domingo ás 12:45.

Outro gran resultado foi o cultivado polo Infantil A, que empatou ante o líder invicto, o Amio SD, a uns. O gol local anotouno Martín Calatayud no minuto 3, tanto que conseguirían igualar os visitantes no minuto 55.

Co punto sumado, os branquiazuis van cuartos a catro puntos do primeiro clasificado, ao que se tentarán achegar o sábado ás 12:00 en Dubra, nun encontro que os enfrontará ao equipo local.

Pola súa banda, o Infantil B descansou esta semana, podendo reservar forzas para o duro choque deste domingo ás 10:15 nas Cancelas contra o Cordeiro CF, cuarto clasificado.

O que non puido sumar a vitoria foi o Alevín A, xa que perdeu por dous goles a un ante o Amio SD. O tanto de Rubén Sande foi insuficiente para un Compos que marcha na quinta praza, a cal tentarán mellorar este sábado ás 11:30 en Santa Isabel ante a SD Cacheiras.

Do mesmo xeito que o Infantil B, o Alevín B tamén descansou esta fin de semana. O próximo xogarán ante o Villestro SD, o sábado ás 9:30 en Santa Isabel.

A cuarta vitoria da fin de semana correu a cargo do Benxamín, que gañou de visitante ao Racing San Lorenzo, por 0-2, tantos de Lola Broullón e Alejandro Pardo. O próximo partido serán contra o líder, o Xuventude Oroso, o sábado ás 19:30.

Por último, citar que Aitor Fernández, coa selección galega sub18, e David Porto e Pablo López, coa selección sub12 de Santiago, están convocados hoxe para o seu adestramento e torneo en Abegondo, respectivamente.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🧐 Preparados para mañá!💪🏟️ Concentrados e mentalizados para sumar de 3⃣ no Vao 📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.