Infantís e cadetes comezan ben o ano

10 de Xaneiro de 2017
O Infantil A no seu partido contra o Val do Ulla. Foto: Facebook Val do Ulla.
O Infantil A no seu partido contra o Val do Ulla. Foto: Facebook Val do Ulla.
  • Peor sorte correron os dous xuvenís que perderon os seus partidos.

Santiago de Compostela, a 10 de Xaneiro de 2016

As categorías inferiores da Sociedade Deportiva Compostela regresaron das súas vacacións con sensacións dispares. Mentres que os cadetes e os dous infantís sumaron de tres; os dous xuvenís perderon os seus respectivos encontros e o benxamín empatou o seu, no peche da primeira fase.

Como citamos na previa, o xuvenil de Liga Nacional quería cortar a mala xeora de finais de decembro para volver subir na clasificación, pero non foi posible. Na difícil visita ao campo da Grela caeu derrotado por un claro 6-1 ante o CD Calasanz, quen se lle aproxima na táboa despois deste resultado. O tanto visitante foi obra de Borja Míguez.

Décimo sextos actualmente, xogarán o seu próximo partido lonxe de Santiago, en Coruxo exactamente, no campo de Fragoselo. O seu rival, o Coruxo, está undécimo.

Do mesmo xeito que o A, o xuvenil B perdeu por catro goles a tres na súa visita ao Fátima. O cadro branquiazul púxose por diante no marcador ata en dúas ocasións, pero a remontada final local impediulle volver a casa con algún punto.

Anxo Agra fixo o empate a uns no 43, Daniel Abeijón no 46 poñía ao Compos por diante, e despois dun segundo empate, o propio Daniel anotaba o 2-3 no 61. Con todo, os tres puntos quedaban na casa cos goles de Antón Olveira no 75 e de Alejandro Solar no 84.

Este tropezón tentarán emendalo cunha vitoria ante o Sálvora, o domingo ás 12h no Municipal da Barrosa, en Villestro.

Dentro das boas noticias, comezamos coa goleada do Cadete ante o CD Rois. O Compos gañou por sete goles a cero cos tantos de Mario Galo, Pablo Barreiro, Raul García (dous), Xosé González, Pablo Redondo e un en propia meta.

Con este resultado seguen décimos, aínda que deixan xa moi lonxe os postos de descenso, polo que con máis calma buscarán outra vitoria que afiance esta posición ante o CD Conxo, o domingo ás 9:30h no campo da Merced.

Nos Infantís, o A gañou con claridade ao Val do Ulla por 3-1. Os locais adiantáronse co gol de Iago Fernández e, a pesar de que lles empataron, certificaron o triunfo co tanto de Gerardo Lago de penalti e o de Adrián Álvarez.

Esta vitoria é moi importante xa que, cos resultados dos rivais, ascenderon un posto na clasificación. Agora son terceiros a dous puntos do líder, o Valiño Cabo de Cruz, conxunto ao que renderán visita este sábado, para xogar ás 12:15h no campo de Vista Alegre, en Boiro.

Do mesmo xeito, o B gañou por catro a cero ao Vitoria CF, con tantos de Carlos Permuy, Iván Vilaseco, Xaime Paz e Mauro Iglesias. Seguen sétimos na táboa e enfrontaranse ao Amio B este domingo ás 13h no Municipal do Sergas.

Os dous alevíns descansaron esta fin de semana, un porque está a esperar pola segunda fase do campionato, e o outro porque a súa competición reanúdase este sábado, cando xogarán contra o Amio no Municipal das Cancelas.

Outro que pechou a primeira fase da competición esta fin de semana foi o Benxamín. Fíxoo cun empate a un gol contra o Compañía de María, tanto de David Montes. Con este punto quedan décimos clasificados.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.