Retomar sensacións

18 de Febreiro de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/Yw7Yt2FDGO4″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 18 de Febreiro de 2017.

Despois dun empate que rompeu a xeira de catro vitorias consecutivas, a SD Compostela buscará recuperar a senda do triunfo este domingo en San Lázaro ante o Dubra, nun encontro con sabor a derbi debido á proximidade xeográfica de ambos conxuntos.

Na primeira volta, o partido xa estivo cargado de tensión, acabando con empate a dous goles, un resultado que deixou un sabor “agridoce” aos santiagueses, entre eles o adestrador branquiazul, porque “o empate chegou no desconto e os seus dous goles foron a balón parado”.

Esta experiencia provoca que Yago Iglesias sexa prudente e advirta, a pesar de que os amarelos estean afundidos na táboa, de que “o Dubra non é o que a clasificación reflicte”. O técnico non se fía e sabe que os seus mozos terán que dar o 100% e estar moi atentos, sobre todo, no balón detido. “Xogamos contra un equipo con moita experiencia, cunha tipoloxía de xogador aguerrido, forte, con altura, polo que o balón parado será algo a ter moi en conta”, explica.

Ademais, estas características entoan moi ben co seu técnico, un Chus Baleato ao que Yago coñece moi ben. “É un adestrador moi experimentado e ten un conxunto que o deixa todo, como todos os que dirixe, sempre teñen moito carácter”.

Con todo, e sabendo que os amarelos virán a “facelo ben e tentar dar a sorpresa”, o adestrador santiagués sabe que se “damos a nosa mellor versión, teremos máis opcións de sacar o partido”.

Para iso, non poderá contar con Santi Taboada e Diego Rey, ambos sancionados, pero o resto de integrantes do persoal sairán a San Lázaro en busca dos tres puntos “para afianzarnos, coller confianza, e afrontar mellor os dous seguintes partidos de visitantes, contra equipos dunha tipoloxía similar: bos xogadores, da parte alta e que xa nos custou moito gañarlles na primeira volta”, describe Yago.

Aínda que só pensan neste domingo, pode ser outra pedra máis para construír “unha tempada bonita”. Volver sumar de tres e que San Lázaro sexa un fortín, serán chaves para isto, polo que para recuperar sensacións, todo o mundo desexa que o sexto partido sen perder chegue cun triunfo.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.