O fútbol non sorrí ao Compos

25 de Febreiro de 2017
Mon nun lance do encontro de hoxe ante o Villalbés. Foto: Amadeo Rey.
Mon nun lance do encontro de hoxe ante o Villalbés. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 25 de Febreiro de 2017.

Non puido ser. A Sociedade Deportiva Compostela non puido aproveitar a súa maior posesión no encontro e perdeu por dous tantos a cero ante o Racing Club Villalbés. Dous goles de Rubén e Bruno, ambos nas postrimerías de ambas as metades, condenaron aos santiagueses.

O Compos saíu ao campo coa firme intención de recortar distancias co playoff. Para iso, expuxo unha disposición táctica na que Taboada estaba no centro do campo e Recoba en punta. Esta aliñación axudoulle a controlar o balón e así chegaron as primeiras ocasións visitantes.

A mellor, no 16, tras unha xogada combinada, Make colgaba o balón á área e Recoba, de volea, mandaba o balón fóra.

Esta acción foi xusto antes do momento máis feo do partido, a lesión dun Gerardo que foi levado ao hospital inmediatamente. Con todo, a baixa do seu mellor home non afectou na formulación dos de Óscar Gilsanz, quen aos vinte minutos tiñan a súa ocasión nas botas de Sergio, pero este mandou o seu disparo pegado ao poste.

E pasada a media hora, unha situación similar. Primeiro o Compos perdoaba, cando Make remataba mal un centro medido de Mon, mentres que cinco máis tarde, sería o Villalbés o que se aproveitaba a súa. Unha rápida contra que rematou Rubén Gómez en boca de gol, tras un centro raso desde a dereita. Todo un xerro de auga fría para un Compos que se vía superior.

O resultado cambiou pero non o xogo e así seguiría na segunda metade. Xa con David Nogueira no campo, os branquiazuis terían a súa nunha falta lateral que remataron no punto de penalti, pero un defensa local sacaríaa na liña.

Non entrou a ocasión e, a pesar dos cambios, o Compos xa non contaría con ningunha tan clara. Houbo achegamentos, pero estes non se materializaron en grandes oportunidades. De feito, no 87 caería o segundo.

Este tanto chegaría nun córner. Bruno levantouse por encima de todos e, cun sensacional cabezazo, mandaba o balón ao segundo pau, facendo imposible calquera reacción por parte de Lucas.

Co segundo tanto o partido xa quedou sentenciado e o Villalbés gozou dun novo triunfo no seu feudo, onde non perdeu no que vai de liga. Mentres, o Compos ve truncada a súa xeira de seis encontros sen ser derrotado e perde unha oportunidade clara de achegarse ao playoff. A semana próxima tocará reaccionar ante o Bergantiños, outra vez de visitante.

FICHA TÉCNICA

2- Racing Club Villalbés: Marcos, Jose Varela, Bruno, Xusto, Álex; Javi Varela, David García; Rubén Gómez (Cabarcos, m.80), Gerardo (Pablo Viveiro, m.17), Villares; e Sergio (Arón, m.89).

0- SD Compostela: Lucas; Saro (Nogueira, m.45), Cardeñosa, Uña, Mon; Taboada, Samu (Cabrejo, m.69); Diego Rey (Martín, m.74), Make, Tomás; e Recoba.

Goles: 1-0: Rubén Gómez, min.40; 2-0: Bruno, min.88.

Árbitro: Juan Davila, colexio vigués. Amoestou a Pablo Vivero polos locais; e a Uña, Make e Taboada, polos visitantes.

Incidencias: Partido da vixésimo sétima xornada de liga de Terceira División disputado no Estadio A Magdalena ante 350 espectadores, sesenta chegados desde Santiago.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOUArosa SC 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.