O Alevin A e o Benxamín progresan no playoff

6 de Marzo de 2017

Santiago de Compostela, a 6 de Marzo de 2017.

Dúas vitorias e tres empates foi a colleita conseguida polas categorías inferiores da SD Compostela neste fin de semana. As dúas vitorias lográronas o alevín A e o benxamín, ambos nos seus respectivos playoffs.

Non tan boa sorte correron os xuvenís. O A perdeu, despois de tres semanas, ante o Santa Mariña por 1-2. A pesar de poñerse por diante co gol de Diego Martínez no 16, os vigueses remontaron e levaron os tres puntos das Cancelas.

Con este resultado, mantéñense décimo cuartos con 22 puntos, cifra que tentarán mellorar cun bo resultado na súa visita ao líder, o Celta B, a próxima semana.

Pola súa banda, o xuvenil B non pasou do empate en casa ante o Poboa e non conseguiu así separarse dun dos seus principais rivais por eludir o descenso, xa que seguen no décimo quinto lugar. O vindeiro sábado ás 16h, no campo da Barrosa, tentarán volver sumar de tres ante o Villestro, oitavo clasificado.

Tamén perdeu o seu partido o Cadete, e na casa, aínda que foi co líder invicto, un Sporting Estrada que levou os tres puntos despois de gañar por cero goles a catro.

O domingo ás 12h no Municipal Manuel Regueiro, ante o Callobre, tentarán recuperar a senda do triunfo.

Precisamente contra o Callobre caeu derrotado o Infantil A, por 0-2. Con este resultado, os mozos de Juanvi descenden un lugar na táboa, cuartos, aínda que tentarán recuperar a terceira o vindeiro sábado ás 11h ante o Bertamiráns, no Municipal de Bertamiráns.

Á súa vez, o Infantil B empatou de visitante na Baña e mantense sétimo. Os composteláns adiantáronse grazas aos goles de Mauro Iglesias e Rubén Sande, pero os locais conseguiron empatar mercé a unha gran reacción final. Os nenos de Diego Segade terán xornada de descanso a próxima fin de semana.

A primeira das vitorias atopámola nun Alevín A que gañou por 3-2 ao Crocha, resultado co que sobe ao décimo lugar do playoff de ascenso. Para iso, os branquiazuis tiveron que remontar ata en dúas ocasións. Rubén Sande e Mateo Barros empataron o partido en dúas ocasións, mentres que o propio Mateo foi o autor do terceiro gol no 49.

O sábado ás 10h en Vista Alegre (Boiro) buscarán outro triunfo que os aascenda aínda máis na táboa, contra o Valiño Cabo de Cruz.

Mentres, o Alevín B empatou a un gol na súa visita ao Atlético Fátima, grazas ao tanto de Etien Pignol no 43. Sétimos xogarán na casa contra o Conxo, o sábado ás 9:30 nas Cancelas.

A segunda das vitorias foi a do Benxamín, que derrotou por seis goles a cero ao Compañía de María. Dous dobretes de Abril Pazos e Giovanny Galo e os tantos de Alejandro Padro e Mauro Crespo selaron o triunfo local. Agora están quintos con seis puntos, posición que tentarán mellorar cun triunfo ante o Vista Alegre, o sábado ás 17:30 en Santa Isabel.

Por último, comentar que Abril Pazos e Pablo Núñez están convocados coas respectivas seleccións sub 12 de Santiago masculina e feminina. Ela adestrará o xoves ás 17h na Barrosa e el o mércores ás 16:30 na Merced.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOUArosa SC 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.