Ao Compos escápanselle os tres puntos en Calabagueiros

19 de Marzo de 2017
Celebración do gol de Diego Rey. Foto: Amadeo Rey.
Celebración do gol de Diego Rey. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 19 de Marzo de 2017.

Por moi pouco. A Sociedade Deportiva Compostela empatou esta tarde ante o Barco a un gol, nun partido no que se puxo por diante, rozou o segundo, pero que empatarían os locais na parte final do choque.

Foi un choque cunha primeira parte de moito control e poucas ocasións, e unha segunda frenética na que se viron os goles de Diego Rey polos branquiazuis e de Beceiro polos vermellos.

Con dous cambios na liña defensiva respecto ao domingo pasado, Saro e David Rey, saíu o Compos ao campo de Calabagueiros buscando sumar o seu segundo triunfo consecutivo. Para iso, e tal como e como adiantou Yago en rolda de prensa, o equipo santiagués tentaba levar a posesión ante un Barco que non se acazapaba atrás e que tamén tentaba manter o coiro nos seus cernes.

Aínda así, froito da calidade da posesión visitante, chegou a nosa ocasión máis clara da primeira metade. Un centro de Ube que, tras golpear contra un defensa, se envenenaba cara á portería de Vicente, pero o porteiro local era capaz de reaccionar e despexaba o coiro a córner.

Con todo, os visitantes reaccionarían pasada a media hora de xogo, cando nunha contra moi ben levada, Borja estaba a piques de adiantar aos seus, aínda que o intento era anulado polo arbitro que sinalaba fóra de xogo. O mediocentro pescara un tiro no interior da área, que se ía por encima de Lucas e pegara na parte superior do traveseiro da portería local.

Con todo, á saída do descanso desatáronse as hostilidades e as ocasións de perigo comezaron a chegar en ambas as áreas. Primeiro, no 53, avisaba o Compos cun maxistral lanzamento de falta de Mon desde a frontal, que se escapaba rozando o poste.

E cinco máis tarde chegaría o gol visitante. Cun chisco de sorte, Diego Rey levaba de rebote un despexe de Omar, quedándose así só diante do porteiro, ao que bateu cun toque de calidade.

Facía o máis difícil a SD Compostela, pero aínda quedaban moitos minutos para sufrir. Así, no 72, o gato Lucas sacaba a relucir os seus reflexos nunha dobre ocasión. Primeiro despexaba a córner un disparo de Ivi Vales, e á saída do mesmo, volvía reaccionar tras o cabezazo de Javi Ballesteros.

Esta dobre parada estimulou aos nosos que tiveron máis paciencia e a punto estiveron de marcar o segundo. Recoba soltaría un disparo sensacional que non entrou de puro milagre, xa que o balón golpeou na cruzeta.

Con todo, cando máis controlado estaba o partido, chegou o empate. Nun patadón arriba, o Barco aproveitou a altura de Ballesteros e a velocidade de Beceiro. O primeiro peiteou o balón e o segundo, gañando por velocidade á defensa visitante, plantábase só diante de Lucas e batíao por baixo.

Foi todo un subidón de moral para os visitantes que case marcan o segundo nun balón ao segundo pau ao que non chegou Borja por moi pouco. Con todo, a última e máis clara sería santiaguesa. Un libre indirecto na área pequena que non fomos capaces de aproveitar, xa que o disparo de Recoba chocaría coa muralla defensiva local. Foi a última dunha segunda parte frenética, na que o Compos rozou a súa segunda vitoria consecutiva.

Con este punto, o Compos queda a seis puntos do cuarto posto, o cal ocupa un Arousa que visitará San Lázaro o vindeiro domingo, nun partido de vital importancia para seguir con opcións de entrar nos postos de playoff. Con todo o voso apoio, no que será o día do club, esperamos máis sorte que no día de hoxe. A chama do Compostela segue viva.

FICHA TÉCNICA:

1- CD Barco: Vicente; Tato (Adil, m.78), Cristobal Juncal, Pablo Corzo, Omar; Rubén García (Recamán, m.65), Borja; Iago Beceiro (Brais, m.85), David Álvarez, Ivi Vales; e Javi Ballesteros.

1- SD Compostela: Lucas; Saro, David Rey, Taboada, Cabrejo; Ube (Rubén, m.86), Mon; Diego Rey, Make, Recoba; e David Nogueira (Santi Gegunde, m.75).

Goles: 0-1: Diego Rey, min.57; 1-1: Iago Beceiro, min.80.

Árbitro: Ferreiro Méndez, colexio lucense. Amoestou a Borja, David Álvarez e Adil, polos locais, e a Mon, Recoba e Ube, polos visitantes.

Incidencias: Partido da trixésima xornada de liga de Terceira División disputado no Campo de Calabagueiros ante 500 espectadores, 75 deles chegados desde Santiago.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.