O Xuvenil B sálvase do descenso directo e o Benxamín progresa

9 de Maio de 2017

Santiago de Compostela, a 8 de Maio de 2017.

A xornada de Liga para as categorías inferiores da SD Compostela trouxo consigo boas novas para varios conxuntos, no final da competición doméstica dalgúns deles.

A mellor de todas foi a vitoria do Xuvenil B ante o Dubra, resultado co que se salvan do descenso directo, aínda que dependerán de arrastres. Tamén caben destacar os triunfos do cadete, no último encontro de liga, e do benxamín, no playoff.

Debido á súa maior relevancia, en primeiro lugar, destacamos o triunfo dos xuvenís. Os mozos santiagueses mostraron a súa mellor cara, tras a dura derrota do sábado pasado, e superaron ao terceiro clasificado, o Dubra. Tres puntos vitais, xa que con eles escaparon do posto de descenso, á vez que adiantaron ao CSD Arzúa.

Para logralos, o equipo branquiazul beneficiouse dos tantos de Daniel Abeijón, no final da primeira metade, e de Álvaro Fonte, ao comezo da segunda. Os goles chegaron en momentos psicolóxicos e permitiron selar o resultado final de 2-0, para os da capital.

Agora, tras este marcador, os rapaces canteiráns terán que esperar arrastres de Nacional e Galega. Co seu décimo terceiro posto, cun ascenso dalgún dos equipos da súa zona deberíalles bastar, pero terán que esperar.

Antes xogarán a Copa de Santiago contra o CD Conxo, o domingo ás 12h en Cancelas.

O mesmo resultado que eles, aínda que en contra, foi o que sufriu o Xuvenil de Nacional ante o Deportivo, aínda que se foron de baleiro con moita honra, xa que conseguiron poñer contra as cordas ao filial deportivista, que só se puido relaxar tras o seu segundo tanto no minuto 86.

Pese ao resultado seguen duodécimos, pero o descenso achégaselle a catro puntos. Por iso, sería vital un triunfo nas Cancelas, o vindeiro sábado ás 17h ante o Villalbés, conxunto que agora mesmo está cuarto, pero no segundo lugar para ascender a División de Honra.

En canto ao Cadete, asegurou a súa décima praza na súa dura visita ao CD Boiro, conxunto ao que lle venceu por 1-4, mercé ao dobrete de Raúl García e aos tantos de Marcos Andrade e Rodrigo Guada.

Tras este gran final de curso, agora tocaralles enfrontarse ao Amio SD nos cuartos de final da Copa de Santiago, o domingo ás 10:15 no Municipal do Sergas.

Outro que terminou, aínda que no seu caso terán que loitar agora na fase de ascenso, foi o Infantil A. Estes terminaron cunha derrota por 2-1 ante unha UD Bastavales que se xogaba a vida. Mentres, eles xa tiñan asegurada a cuarta praza. O autor do tanto branquiazul foi Gerardo Lago, no 42.

Agora, e antes de enfrontarse ao Cabo da Cruz na primeira eliminatoria, contra o que xogarán o 20 a ida en Boiro e o 27 a volta na casa, pelexarán contra o SR Calo, na Copa do Sar. O encontro xogarase o venres ás 17:30 no Municipal de Rebordelo.

En relación ao Alevín A, acabaron o seu playoff polo título cunha avultada derrota por quince a cero ante o Xuventude Oroso, conxunto que ao cabo foi o campión da comarca.

E por último, o Benxamín sacou os tres puntos ante a Escola Deportiva Santiago, cunha remontada antolóxica. Os nenos do Compos souberon levantar o 0-2 inicial dos primeiros quince minutos, cun hat trick de Abril Pazos, que segue demostrando o seu gran nivel.

Despois deste triunfo, os branquiazuis teñen un pouco máis preto a salvación, xa que sacan 5 puntos aos postos de perigo. O seu inmediato perseguidor é o Compañía de María, rival ao que poden afastar aínda máis se lles gañan na próxima xornada, que se disputará o xoves ás 19:45h en Santa Isabel.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

32 minutes ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.