Rubén, segundo xogador de banda que renova

6 de Xuño de 2017
Acción de Rubén no partido contra o Cerceda. Foto: Amadeo Rey.
Acción de Rubén no partido contra o Cerceda. Foto: Amadeo Rey.
  • O extremo arousano amplía o seu contrato por un ano

Santiago de Compostela, a 6 de Xuño de 2017.

O desequilibrio e velocidade de Rubén Martínez Castro seguirán conquistando os corazóns dos compostelanistas. O xogador de Vilagarcía de Arousa amplía o seu contrato coa entidade santiaguesa por un ano, cumprindo, deste xeito, o seu segundo curso ás ordes de Yago Iglesias.

O futbolista de 22 anos chegou o verán pasado ao Compos procedente do Arosa, conxunto no que xogou desde pequeno ata o primeiro equipo, e, a pesar de que unha lesión na pretemporada lle impediu comezar ao ritmo dos seus compañeiros, o seu traballo e bo rendemento levárono ao once inicial dos santiagueses.

A pesar de ser pouco coñecido dentro do público branquiazul, Rubén sorprendeu gratamente á afección coas súas actuacións na banda. Os seus dous primeiros encontros disputados, ante Villalbés e Bergantiños, encontro este último no que marcou o seu único gol do ano, xa presaxiaron que sería un xogador que tería un gran protagonismo ao longo do curso, e así foi.

O extremo zurdo acabaría a tempada con vinte partidos disputados, doce deles saíndo desde o once inicial. En total acumulou 935 minutos, nos que anotou un gol e recibiu catro cartóns marelos. Ademais, participou en numerosos tantos dos nosos, xa fose con asistencias ou con caneos na banda que provocasen vantaxes, aproveitadas posteriormente polos seus compañeiros.

Coa firma de Rubén, Yago conta, a día de hoxe, con dez xogadores para a nova tempada: o porteiro Lucas; os defensas Cardeñosa e Uña; os centrocampistas Ube, Mon, Alberto e Casas; os extremos Diego Rey e Rubén; e o dianteiro Santi Gegunde.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🎟️ Entre as iniciativas realizadas para o partidazo contra o Real Avilés Industrial C.F., da man do noso patrocinador Galicia Calidade, repartimos invitacións a todos os clubs conveniados da Canteira Picheleira🩵🤍 Precisamos o apoio de todos para acadar unha vitoria decisiva#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Jaime Santos🗣️ Na PREVIA tamén falou o xogador asturiano, quen destacou a confianza do equipo e analizou ao rival#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA do técnico compostelanista antes do partidazo decisivo deste domingo, ás 12.00 no Vero Boquete, ante o Real Avilés Industrial C.F. ⚽️ O técnico só se centra en conseguir o triunfo o domingo#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario o noso gran ©️, Álvaro Casas 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Álvaro! Que veñan acompañados de moitos éxitos e celebralos xuntos sobre o verde! 🙌📸 Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌 RECORDA cada ABONADO maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN no Punto de Información do Centro Comercial As Cancelas ata o SÁBADO (ℹ️ Horario: 10.30-21.00)🩵🤍 Van xa máis de 200 INVITACIÓNS entregadas!!!💪 O domingo, gañamos entre todos!!!#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.