Un santiagués, primeiro reforzo do Compos

5 de Xuño de 2017
Álvaro Casas no Oviedo. Foto: FútbolAsturiano
Álvaro Casas no Oviedo. Foto: FútbolAsturiano
  • Álvaro Casas, procedente do Oviedo B, firma ata xuño de 2019.

Santiago de Compostela, a 4 de Xuño de 2017.

Un pivote defensivo picheleiro, Álvaro Casas Rancaño (26/04/1994), é o primeiro reforzo para a nova tempada da SD Compostela. O futbolista santiagués, procedente do Oviedo B, firma ata xuño de 2019 co conxunto dirixido por Yago Iglesias.

Álvaro é un mediocentro defensivo, aínda que tamén pode actuar de central, moi intenso e físico. O futbolista santiagués, quen creceu nas categorías inferiores do Celta, regresa á súa casa, para triunfar nunha categoría na que conta con dous anos de experiencia. Ademais, tamén disputou dous cursos en Segunda División B.

O centrocampista, tras asentarse no Celta Xuvenil de División de Honra, foise cedido ao Alondras na tempada 2013-14. Alí, foi unha xogador chave para os vigueses, participando en 34 encontros e anotando dous goles. Grazas a este rendemento, o Celta repescaríao para o seguinte ano. Nunha tempada na que o filial quedou en media táboa, Álvaro xogou quince encontros, dez deles de titular.

A pesar diso, colleu as maletas e foise a Canarias para xogar no Mensajero, conxunto recentemente ascendido a Segunda B. En terras insulares participaría en vinte encontros, catorce no once inicial, nun curso no que o conxunto canario logrou a fazaña de salvarse con xornadas de adianto.

E das illas a Asturias, onde ficharía polo Oviedo, equipo do grupo 2 da Terceira División do que procede. Cos azulóns, participou en 29 encontros, 27 deles de titular, e iso que perdeu unha parte do campionato por unha lesión.

Tras este breve paso polos ovetenses, Álvaro regresa á cidade que o viu nacer, buscando recuperar as sensacións que gozou en terras galegas. Ás ordes de Yago, buscará facerse un oco no centro do campo branquiazul, ou ben no centro da zaga.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚️ CD DERIO 👉 Citados todos os xogadores dispoñibles para os 1/16 de final da #CopaFederación, co regreso de Pablo Crespo e a entrada de Arrojo, da Canteira Picheleira #composderio ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMOS PARTIDOS CONFIRMADOS⚽️ Xornada 3🆚 Sestao River Club 🗓️ Domingo, 20/09🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por 𝐃𝐮𝐫𝐦𝐞𝐭⚽️ Xornada 4🆚 SD Eibar B🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ CD Areitio 1#compossestao #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ E o domingo, segunda xornada de liga e primeira viaxe da tempada🆚 Club Portugalete Fundado 1909 🗓️ Domingo, 13/09🕦 11:30 horas🏟️ La Florida📺 Football Club #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜🏆 Este mércores temos cita na nosa casa cos 1/16 da #CopaFederación🆚 CD DERIO 🗓️ Mércores, 09/09🕖 19:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Abonados - Gratis | Xeral - 10€ | Menores de Idade - 2€👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composderio ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 PARTIDO PATROCINADO🚗 🎟️ Mobify foi o patrocinador do #composmarino🙌 RECORDA! A compañía que lidera a mobilidade sostible en Galicia agasalla con 10€ de saldo aos abonados do Compos!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.