Álex Ares: “Somos novos e temos moitas ganas de facer cousas importantes”

19 de Xullo de 2017

Santiago de Compostela, ao 19 de xullo de 2017.

O mediapunta coruñés Álex Ares Piñeiro foi presentado esta mañá nas instalacións da cafetería Samarkanda, no centro comercial Novo Milladoiro, como novo xogador da SD Compostela. Acompañado polo director das relacións institucionais do club, Ramón Castro, o director de márketing, Javier Puñal, e o propietario do local de Milladoiro, Adrián Pérez, realizou as súas primeiras declaracións ante os medios de comunicación.

En primeiro lugar, o xogador branquiazul declarouse “moi ilusionado por estar no Compos”. Cun primeiro adestramento nas pernas, Álex está a empezar aos poucos a coller sensacións e confianza cos compañeiros. A maioría deles repiten do ano pasado, polo que “os novos temos que adaptarnos”. Xuntos conforman, segundo a nova fichaxe, un conxunto novo e con moitas ganas de facer cousas importantes.

En canto á proposta da entidade santiaguesa, o xogador declarou que se alegrou moito cando o chamaron e que non lle custou decidirse, a pesar de ter outras propostas, porque é un dos clubs máis grandes de Galicia. Por esta razón, asegura que achegará moita ilusión e ganas para lograr os obxectivos. Para alcanzar esas metas “temos que coñecernos canto antes e despois lograr a maior cantidade de vitorias posibles”.

Coa meta do playoff, un experto como el nestas lides, sabe que a liga seguirá a tónica dos últimos anos, con “Boiro, Somozas, Bergantiños, Arousa e algún máis loitando arriba”. E para que o Compos entre nel, será importante “ter a iniciativa co balón”, un tipo de xogo que gusta ao mediapunta.

Tras dúas tempadas xogando o playoff co Cerceda, Álex Ares espera repetir experiencia no seu novo equipo, tendo máis sorte nesa fase.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.