O Nacional e o Infantil B triunfan na fin de semana

2 de Outubro de 2017
O equipo Benxamín estreou camisolas patrocinadas por Parrillada Milongas.
O equipo Benxamín estreou camisolas patrocinadas por Parrillada Milongas.

Santiago de Compostela, ao 2 de outubro de 2017.

Nunha fin de semana en que dous equipos máis entraron en competición, as categorías inferiores viviron unha xornada con dúas vitorias e un empate. A primeira delas foi do xuvenil de Liga Nacional e a outra do Infantil B, na súa estrea ligueira.

O filial segue coa súa boa xeira e suma por terceira semana consecutiva. Despois de dúas vitorias consecutivas, o Zona Vella logrou un empate na súa visita ao Cire Melide. O conxunto local púxose dúas veces por diante no marcador, diferenza que foi neutralizada polos nosos cos tantos de Mateo e Alejandro.

A primeira das vitorias da fin de semana chegou co Nacional, a cal supón tamén o seu primeiro triunfo en Liga. Os xogadores de Marcos Donnici superaron con claridade ao Lugo por 2-0, recuperando a solidez defensiva mostrada nas primeiras xornadas do campionato. Yago Torrente, no 54, e Daniel Abeijón, no 83, foron os goleadores dos branquiazuis, que escalan ata a metade da táboa con estes tres puntos.

Pola súa banda, o xuvenil B perdeu por 4-1 ante o Atlético Riveira, líder sólido da categoría. O conxunto local foi superior e penalizou os erros dos nosos. Na segunda metade, na que chegaría o gol de Xacobo Insúa, os branquiazuis melloraron moito no seu xogo pero non conseguiron recortar máis o marcador.

Outro conxunto que encaixou catro tantos foi o Cadete, no seu caso, na casa ante o Sálvora, que o supera na clasificación. Os visitantes adiantáronse con dous tantos nos primeiros trinta minutos, vantaxe que foi neutralizada polos nosos con dous goles de Etienne Lorenzo e Martín Díaz, ao comezo do segundo tempo. Con todo, noutros dous arreóns ao final do choque, os visitantes levaron os tres puntos.

O Atlético Riveira tamén foi o verdugo do Infantil A, ao que lle gañou por 2-6 na súa visita ao campo da Merced. Os branquiazuis foron sempre por detrás no marcador ante o líder, estando preto do punto só na primeira metade, cando anotaron o 1-2.

Mellor sorte correu o Infantil B que se estreou na liga cun claro triunfo por 1-4 contra o Cruces. Os goles chegaron grazas á intervención de Pablo, por dúas veces, Héctor e outro en propia porta. Neste encontro hai que destacar a actuación dos alevíns que participaron nunha categoría superior. Con este resultado colócanse na parte alta, onde tamén está o Bertamiráns, rival para esta fin de semana.

Precisamente, o conxunto alevín non puido seguir coa súa boa xeira e caeu derrotado por un gol a catro ante o Rácing San Lorenzo, aínda que cos seus seis puntos seguen no terceiro chanzo da táboa.

Por último, o benxamín debutou con peor resultado, xa que perdeu por cero goles a seis ante o Milladoiro, nun encontro no que notou a falta de efectivos.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.