Queiruga: “Se facemos o noso creo que nos irá ben”

2 de Outubro de 2019
O acto tivo lugar na Bodeguilla de San Lázaro, empresa que segue apoiando ao club.
O acto tivo lugar na Bodeguilla de San Lázaro, empresa que segue apoiando ao club.
  • O central analizou o encontro de mañá contra a Arandina, no que espera volver contar coa confianza do adestrador

Santiago de Compostela, a 2 de Outubro de 2019.

Cambio de chip. A SD Compostela deixa ao carón, minimamente, a competición ligueira para centrarse na Copa Federación, competición na que disputará mañá, ás 20.00 horas, os dezaseisavos de final contra a Arandina, nun choque que se xogará no Vero Boquete de San Lázaro. Xa inmerso na fase nacional, os nosos queren ir pasando roldas para facer posible o soño de disputar o torneo do KO.

“Cada partido xogámolo para gañar e tentar clasificarse para a Copa do Rei é algo que esta aí e que nos gustaría”, explicou Jorge Queiruga na rolda de prensa previa realizada nas instalacións da Bodeguilla de San Lázaro, local que segue apoiando ao club unha tempada máis.

O central, que regresou á entidade branquiazul este verán, tras un curso cedido no Puebla, afronta esta cita con ilusión, coa esperanza de volver contar cunha nova opción no once. “Obviamente, se podo xogar todas as semanas, perfecto, pero son sénior de primeiro ano e o que me toca esta tempada é ir entrando aos poucos e aproveitar as oportunidades. Non teño présa, tócame ir con paciencia”, aclarou ante os medios.

Tralo seu “Erasmus” no Barbanza, séntese agradecido de formar parte dun plantel no que mellora cada día. “Nos adestramentos apréndese unha barbaridade. Casas e Soto, que son máis veteranos, tiran moito dun, por exemplo, coa colación no campo e iso a min axúdame moito”, comentou.

Esa “dureza defensiva” cre que foi vital para asinar este arrinque, con cinco vitorias e só unha derrota. “Coas fichaxes, sen perder calidade, gañouse moito no outro fútbol, con xente de oficio que manexa moi ben eses momentos concretos dos encontros”, destacou.

Por iso, ten clara cal é a premisa a seguir. “O nivel defensivo ata o de agora é case perfecto, difícil de mellorar, polo que no partido de mañá seguiremos apostando pola portería a cero”, remarcou.

Esa confianza, que non relaxación, está a beneficiarlles neste inicio de competición, algo que esperan trasladar a esta eliminatoria. “Xogamos na casa, un campo que nos beneficia moito para o noso estilo de xogo, polo que se facemos o noso creo que nos irá ben”, sentenciou.

Nel, e tras acabar de estudar ao rival esta tarde, agarda que se siga collendo rodaxe para o futuro. “Estes encontros entre semana véñennos ben para probar certos aspectos para a liga”, concluíu.

As premisas están claras, agora só falta que chegue a hora e comece a rodar o balón. Queiruga ten ganas xa de debutar ante o seu público e, xunto aos seus compañeiros, espera darlle unha nova alegría aos afeccionados. Co mono de traballo, os nosos tentarán pasar á seguinte rolda.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.