Nove vitorias e dous empates nunha xornada prolífica

10 de Febreiro de 2020
Resultados 9 Febreiro 1
  • O Xuvenil A segue como líder, mentres que cadetes e infantís están na parte alta
  • Alevín A, Benxamín A, Prebenxamín A e Biberón A tamén ocupan os primeiros postos

Santiago de Compostela, a 10 de Febreiro de 2020.

A xornada para as categorías inferiores da SD Compostela completouse cunha boa colleita: nove vitorias, dous empates e tan só tres derrotas. O Xuvenil A segue como líder destacado tralo seu triunfo, mentres que outros conxuntos como o Filial, Cadete A, Cadete B, Cadete C, Infantil A, Infantil B, Alevín A, Benxamín A, Prebenxamín A ou Biberón A están clasificados entre os cinco primeiros postos das súas ligas.

En primeiro lugar, o SD Compostela-Zona Vella non puido encadear a súa terceira vitoria seguida, aínda que este éxito foille privado por unha xogada non exenta de polémica. Un penalti sinalado a favor do EF Silleda no 83 supuxo a igualada (2-2) nun duelo no que o filial branquiazul mereceu máis. Anteriormente, os tantos de Alberto Fernández e Daniel Mato serviran para que os santiagueses remontasen. Co empate, os locais seguen, cuartos, cun punto de vantaxe sobre os nosos.

Si puido levar a contenda nunha dura saída ante o Galicia de Caranza o Xuvenil A, que segue como líder destacado do grupo 1 de Liga Galega, con seis unidades sobre o segundo. Un solitario gol de Manuel Rivas aos tres minutos foi suficiente para que os branquiazuis volvesen saborear os meles do éxito, mantendo a súa renda sobre o Calasanz B. Por contra, o Xuvenil B estivo a piques de sorprender ao Sálvora, pero non o logrou. Os nosos caeron por 1-2, cun tanto de Martín Díaz.

Pola súa banda, o Cadete A, contra o mesmo rival, o Galicia de Caranza, non puido pasar do empate inicial, 0-0. Os de Iván Carril tentárono por todas as vías posibles pero non foron capaces de romper o arco rival, polo que quedan cuartos a tres puntos da posición de ascenso directo. Á súa vez, mentres que agardan a que o Cadete B xogue o seu partido este xoves, o Cadete C levou un complicado encontro contra o Cruces por 1-2 para escalar á terceira praza da liga. Álvaro Espasandín, primeiro, e Anxo Olveira, despois, permitiron que os tres puntos viñesen para Santiago.

E en infantís, un novo dobrete para os canteiráns. En primeiro termo, o Infantil A goleou por 0-6 ao Ulla Pontecesures para seguir instalado na terceira posición. Un dobrete de Anxo Fuentes e as dianas de Lucas Dagnac, Álvaro Espasandín, Lois Lortes e Leo González axudaron aos nosos para seguir coa súa boa dinámica. E en segundo termo, o Infantil B levou o duelo contra o Vista Alegre para continuar como cuartos. Os goles chegaron por obra de Giovanny Gallo, Dani Varela, Juan Manuel Millán e Iker Torres.

En fútbol-8, os pequenos tamén acumularon bastantes vitorias, pero sobre todo boas experiencias para gozar do fútbol. O Alevín A, por exemplo, superou por 1-3 ao Peleteiro, co que estaba igualado na táboa. O Benxamín A, pola súa banda, superou ao Tordoia en casa para seguir segundo a seis puntos do líder, mentres que o Benxamín B gañou ao Amio B. E na segunda fase da competición, o Prebenxamín A segue de líder despois de vencer ao Cruces como visitantes e o Prebenxamín B perdeu contra o ED Xuventude Oroso B.

Por último, en fútbol sala, o Biberón A segue como terceiro ao gañar por 4-0 ao Racing San Lorenzo. Pola súa banda, o Biberón B caeu por 0-3 contra o ED Xuventude Oroso.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.