A SD Compostela entrega máscaras personalizadas a todo o equipo

25 de Xuño de 2020
Equipo Entrega Mascarillas 1
O plantel co presidente Antonio Quinteiro, esta mañá.
  • O presidente Antonio Quinteiro realizou a repartición de material esta mañá no adestramento
  • O club agradece ao Concello de Santiago a súa colaboración e axuda en todo este tempo

Santiago de Compostela, a 25 de Xuño de 2020.

Xogadores e corpo técnico da SD Compostela recibiron no adestramento desta mañá, de mans do presidente Antonio Quinteiro, máscaras personalizadas do club para que poidan empregalas nas situacións do día a día e no Estadio Municipal Abanca Balaídos. Do mesmo xeito, o dirixente branquiazul lanzou unha mensaxe de apoio a todos de cara ao playoff exprés e tamén agradeceu ao  Concello a súa colaboración durante todo este tempo.

Pasadas as 9.30 horas da matinal, Antonio Quinteiro saltou ao campo anexo San Lázaro II como un xogador máis para realizar a repartición de material entre todos os integrantes do Compos que participarán na fase de ascenso. Ataviado xa coa máscara personalizada do club, fixo entrega da mesma a cada un dos presentes.

Así mesmo, e antes de comezar a sesión, o presidente lanzou unha mensaxe de apoio a todos eles para o que vén por diante. No seu discurso, desexoulles toda a sorte do mundo para o playoff, á vez que resaltou que todos eles se atopasen en perfecto estado físico. Do mesmo xeito, preocupado en todo momento pola saúde dos nosos, Antonio Quinteiro agradeceu que non sufrisen ningún contratempo relacionado coa pandemia da covid-19.

Por outra banda, o presidente tamén quixo agradecer ao Concello de Santiago a súa colaboración desde a volta aos adestramentos. Por unha banda, destacou o labor do servizo de Deportes, poñendo especialmente en valor o estado das instalacións de xogo, cun céspede que presenta unhas condicións idóneas para a práctica do fútbol. E polo outro lado, remarcou o esforzo dos servizos de limpeza municipais, que garanten a seguridade de todos os integrantes do plantel, mercé ao seu traballo diario nos vestiarios do Vero Boquete de San Lázaro e do campo anexo San Lázaro II.

Por último, Antonio Quinteiro lembrou xa non só aos membros da SD Compostela, senón tamén a todos os afeccionados, que as máscaras do club xa están á venda na Tenda Online e nas oficinas do club (de luns a venres, de 10.00 a 13.00), adiantando ademais que pronto tamén estarán na Tenda Oficial da zona vella (Rúa da Raíña, 8), a cal reabrirá as súas portas en próximas datas.

As máscaras do Compos están á venda a un prezo de 10 euros. Con todo, tamén se poden adquirir no “Kit Playoff” que inclúe ademais da mesma, unha camiseta do primeiro equipamento e unha bufanda, por 59€. A máscara é hixiénica e reutilizable, certificada para 25 lavados. A súa presentación é en packaging individual 100% biodegradable.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.