Matías Vesprini: “O Compos era o equipo ao que quería vir e estou moi contento aquí”

17 de Setembro de 2020
Presentación Matías 3 1
De esquerda a dereita: Javier Puñal, Matías Vesprini, Moncho Castro, xerente da Nave de Vidán e Ramón Castro, responsable das relacións institucionais do club.
  • O central foi presentado esta mañá na Nave de Vidán, onde posou coa súa nova equipación

Santiago de Compostela, a 17 de Setembro de 2020.

A última incorporación da SD Compostela, o central Matías Vesprini, foi presentado esta mañá como novo xogador branquiazul nas instalacións da Nave de Vidán. Portando a nova equipación que vestirá esta tempada, o futbolista mostrouse moi ilusionado coa oportunidade de dar un pasiño máis na súa carreira aquí en Santiago.

“Gústame o sitio, o equipo, como competía e non tiven dúbidas. O Compos era o equipo ao que quería saír e estou moi contento”, comentou ante os medios de comunicación.

Nestas primeiras sesións cos compañeiros, Matías sentiuse moi ben integrado, aínda que asegura que lle queda para adaptarse ao modelo de Yago Iglesias, no que se ve tanto de central como de lateral. “O plantel recibiume como a un máis, nótase o bo ambiente que hai e que o grupo é como unha familia. Ademais, o adestrador recibiume moi ben, gústame a súa idea de xogo, o traballo que facemos e aos poucos voume adaptando ao que me pide e o que quere de min”, analizou.

Neste sentido, dará todo de si para xogar o máximo posible e axudar á SD Compostela a lograr os obxectivos. “Espero lograr a permanencia co equipo e a partir de aí xa se soñará co que se poida”, destacou.

A pesar da indecisión que houbo ao redor da súa fichaxe, Matías alégrase moito de que todo frutificase. “As instalacións son espectaculares, as comodidades que temos son tremendas, polo que é un privilexio estar aquí e iso é impagable”, sinalou.

Por outra banda, e tras o seu primeiro amigable co Compos, o central notouse con boas sensacións, aínda que coas dificultades propias dos inicios de pretempada. “Nótase que estamos a empezar, falta ritmo de balón e cousas que mellorar, pero estou contento coa idea de xogo e as miñas sensacións”, concluíu.

Presentación Matías 1 1

Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.