Fabiano: “Co apoio da xente, tentaremos superar a un contrario de moito nivel”

5 de Xaneiro de 2023
  • Os nosos queren lograr un novo triunfo na casa para iniciar o ano da mesma forma na que o acabaron

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2023

A SD Compostela regresa este sábado, ás 17.00 horas, ao Vero Boquete de San Lázaro coa premisa de dar continuidade ao seu bo momento de forma e resultados. Os nosos, tras acabar o ano en gran momento, queren prolongar esa boa dinámica cun novo triunfo diante dos seus, unha vitoria que chegaría como agasallo de Reis. Fabiano confía en que o equipo manteña ese nivel e, coa axuda da afección, lograr os tres puntos.

Estado do plantel. É unha situación complicada, que estamos a tentar solucionar. Loxicamente hai xogadores que non poden xogar que son da miña confianza, pero confío en que os que entren dean a talla. Estou preocupado, porque perder dous ou tres xogadores é malo para un adestrador, pero estou tranquilo, pola dinámica e porque a xente que vai entrar é da miña confianza, xente con bo nivel de fútbol e intensidade, que é o que busco.

Volta das vacacións. A semana anterior vinos algo despistados e parecía que non estaban centrados de todo. Esta semana, si. Gustoume como adestraron, están metidos outra vez, a xente, sinceramente, é moi responsable e estou contento. Agora é chegar da mellor maneira posible ao sábado e, co apoio da xente, tentar gañar a un contrario de moito nivel e con moi bos futbolistas.

Rayo Cantabria. É un equipo sempre valente, con moita calidade, con moitísima intensidade durante o partido e teremos que estar moi finos, moi intensos e cunha orde moi boa para tentar superalos. Espero un rival moi valente, como levan xogando toda tempada, poñerannos a proba, pero nós tamén tentaremos facerlles dano. A ver se somos quen de neutralizar os seus puntos fortes e explotar as súas debilidades, que tamén as teñen.

Agasallos de Reis Magos. El (Castiñeiras) pediume unha lista das posicións nas que poderiamos ter problemas se houbese lesións e deilla, pero publicamente non me gustaría dicir o que pedín. Eles, se poden, traeranos, pero loxicamente teñen que traer para achegar algo, porque se é inferior, é mellor que suban os xuvenís ou do Sigüeiro, porque son rapaces aínda, pero teñen un nivel bo e adestran connosco. Se queremos traer, ten que ser algo de calidade.

Loitar por todo. Xogar no Compostela para estar en metade de táboa é estar equivocados. Pola tradición, pola camiseta, pola historia que temos, temos que estar a loitar entre os primeiros. No inicio non foi así, agora si e tentaremos seguir loitando para conseguir o ascenso e que o Compos, cada día máis, xogue nunha categoría superior. Será unha segunda volta moi difícil, pero a ver se nos respectan as lesións e se nos traen algo, que sexa para achegar.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

24 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.