A SD Compostela pon un bus gratis para os abonados que viaxen a Avilés

3 de Abril de 2023
Cartel promocional do bus a Avilés.
  • A inscrición para o autocar está aberta ata o mércores ás 19.00 horas no formulario https://bit.ly/BusaAviles
  • Esta iniciativa realízase grazas á colaboración de Oca Hotels e Yu Travel

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2023

A SD Compostela pon ao dispor de todos os seus abonados un autobús gratuíto para poder apoiar este próximo domingo, 9 de abril, á SD Compostela contra o Real Avilés Industrial no Estadio Román Suárez Puerta. A inscrición para o autocar estará aberta ata o mércores, ás 19.00 horas, no seguinte formulario: https://bit.ly/BusaAviles.

Este desprazamento gratuíto, que se suma ao realizado para o derbi contra o Coruxo, foi posible grazas á colaboración dos nosos patrocinadores Oca Hotels e Yu Travel.

Poñerase ao dispor dos seguidores branquiazuis un autobús de 55 prazas, que sairá do Hotel Oca Porta do Camiño ás 11.30 e que regresará ao finalizar o partido, previsto para as 19.00 horas. Deste xeito, permítese aos afeccionados que poidan comer con tranquilidade en terras asturianas, posto que a chegada prevista, ás inmediacións do campo, é ás 15.00 horas.

Para garantir a viaxe, ponse como requisito que se cubran, polo menos, o 80% das prazas do autobús. Ademais, cabe citar, que para reservar a praza tan só fai falta cubrir os datos que se requiren no formulario, xa que automaticamente se asigna un asento para o mesmo.

Por outra banda, xa que a viaxe non inclúe a entrada ao campo, esta pódese adquirir ou ben na páxina web do Real Avilés Industrial (https://www.realavilesindustrial1903.com/jornadas_entradas/) ou o propio domingo, desde as 17.30 horas, no despacho de billetes do estadio. Os afeccionados compostelanistas accederán pola Porta 7 e situaranse na bancada Juan Ochoa.

O prezo das entradas será de 15€ para adultos (maiores de 30 anos), 10€ para maiores de 65 anos, 8€ de 18 a 30 anos e 5€ de 7 a 17 anos.

Os nosos encaran un tramo decisivo da tempada, medíndose este domingo a un rival directo polo playoff de ascenso. Enfróntanse o segundo clasificado, o Avilés, contra o cuarto, o Compos, ambos separados por dous puntos. Por iso, o apoio da nosa xente en terras asturianas será vital para sacar este partido adiante. Súbete ao Bus do Compos!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

20 minutes ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.