Unha invitación a cada abonado para o partido contra o Laredo

24 de Abril de 2023
El Compos busca el apoyo de sus abonados ante el Laredo.
  • Poderase recoller no Centro Comercial As Cancelas ata o sábado

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2023

A SD Compostela, como agasallo do mes de abril da súa Campaña de Abonados, entregará unha invitación para o encontro contra o CD Laredo a todos aqueles abonados maiores de idade que se acheguen polo Punto de Información do Centro Comercial As Cancelas antes do domingo.

Con esta nova promoción, os abonados maiores de idade, presentando o seu abono, poderán retirar unha invitación para a súa mesma bancada (Tribuna ou Preferencia) para o encontro que se disputará este próximo domingo, 30 de abril, ás 12.00 horas no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.

Estará dispoñible desde mañá martes, 25 de abril, e ata o sábado, 29 de abril, no posto situado na planta baixa da área comercial. O horario de atención ao cliente é de 10.30 horas ata as 21.00 horas.

 

Promoción dentro da Campaña de Abonados.

 

Ademais, dentro desta promoción, apoiada polos nosos patrocinadores As Cancelas e Fútbol Mahou, todos aqueles que desexen retirar a invitación, recibirán tamén un ECOvaso da SD Compostela. Este produto ten por obxectivo que os afeccionados o poidan utilizar durante os partidos, reducindo a cantidade de residuos que se xeran.

Cabe lembrar que quedan tres partidos para terminar a liga e que o Compos segue situado na quinta praza, posto que clasificaría aos nosos para o playoff de ascenso. Con dous puntos de renda sobre os seus perseguidores e a un do conxunto que o precede na táboa, o duelo ante o Laredo será crucial para as aspiracións dos nosos.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.