O Compos saca un punto de Valladolid nunha segunda parte de gran nivel

23 de Abril de 2023
Mario Rodríguez buscando a Antas.
Samu dando un pase.
La SD Compostela conjurándose antes del inicio de la segunda parte.
Mario Rodríguez peleando por un balón en la primera mitad.
  • O Compos igualou un 2-0 en contra cos goles de Jaime Santos e Darío

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2023

A SD Compostela sumou un punto máis, unha igualada que deixou un gran sabor de boca pola gran segunda metade realizada polos nosos. Os branquiazuis sobrepuxéronse aos dous machadazos locais no primeiro acto para, con bo xogo, pór as táboas no luminoso. O punto, aínda que non completa o botín desexado, deixa ao equipo unha semana máis en playoff.

Nunha primeira parte na que os nosos arrincaron ben, o Valladolid B atopouse cun premio avultado grazas a dúas accións illadas. Un rexeite aproveitado por Cédric e un golazo de Maroto puñan o 2-0 ao intermedio. Con todo, cunha gran reacción, na segunda, o Compos conseguiu equilibrar a balanza cos tantos de Jaime Santos, no 49, e Darío, no 71. Mesmo tivo a súa opción de levar os tres puntos, pero faltou puntaría nos minutos finais.

 

Duos golpes locais na primeira parte.

Cos mesmos protagonistas que o domingo pasado lograron a vitoria no Vero Boquete, Juan Carlos Andrés buscaba, no duelo de playoff contra o Valladolid Promesas, repetir éxito.

Acompañados por preto dun centenar de seguidores compostelanistas, os nosos medíanse ao filial valisoletano conscientes da importancia do duelo, xa inmersos en plena recta final da tempada.

Cun equipo con capacidade para dominar o esférico, os branquiazuis, hoxe de vermello, saltaron mellor ao verde dos Anexos, cunha presión adiantaba e con vontade para mover o esférico en busca dos espazos na zaga local.

Con este plan valente, o primeiro aviso dos nosos chegaba, aos poucos minutos, nunha defensa intensa sobre a saída de balón local. Fer Beltrán conseguía roubar en área rival e buscaba o pase de primeiras para Samu, pero podía despexar un defensa.

A contenda estaba onde quería o Compos, pero os locais íanse metendo no duelo, aos poucos, a través de xogadas a balón parado. Retardando o ritmo de xogo, o filial comezaba a sentirse máis cómodo e acabaría atopando premio por esta vía.

No 25, tralo rexeite dun córner, o goleador local Cédric mandaría a pelota á rede. Centraba Pozo pechado, cabeceaba só Víctor, entrando desde atrás, ao traveseiro, o esférico botaba na liña, pero o dianteiro, adiantándose a todos, empurrábaa ás mallas.

O tanto afectaba á moral dos nosos e animaba aos locais, que vían como podían correr ao espazo, buscando os contragolpes. Aínda que sen xerar perigo, o certo é que se encontraban, outra vez, cun novo premio. No 33, tras un centro de Arroyo desde a esquerda, Fran Rivera deixábaa de taco atrás e Maroto, de primeiras, poñíaa na escuadra, imparable para Javi Jiménez, 2-0.

Foi un golpe duro para un Compos que, en dúas oportunidades en contra, vía como os locais sacaban terra de por medio, un resultado co que se chegaba ao intermedio.

 

Resposta da SD Compostela na segunda parte.

Á volta dos vestiarios, cos mesmos protagonistas, o duelo arrincaba dunha maneira moi similar á primeira, cun Compos máis incisivo. Aínda que os locais avisarían nunha falta de Fran Rivera, que pegaba na parte exterior do poste da portería de Javi Jiménez, agora si, os nosos atoparían o gol que buscaban.

Parapar recibía dentro da área un servizo de Riki Mangana, encaraba por liña de fondo e servíaa atrás rasa para que Jaime Santos, no punto de penalti, a empurrase con forza á rede. Corría o 49 e os nosos puñan o 2-1 no luminoso.

O gol animaba aos nosos que se ían ao ataque, sometendo aos valisoletanos coa pelota. Sen deixarlles saír do seu campo, o esférico roldaba a área local. Tíñaa Pablo Antas, nunha acción similar ao primeiro gol, cun deixaba de Parapar e disparo de primeiras do lucense, aínda que este non era quen de orientala cara á portería.

E acabaría atopando o segundo da matinal, o da igualada, coa intervención decisiva de dous xogadores que acababan de entrar ao terreo de xogo. Elliot recibíaa en banda, puña un centro á área con vantaxe para o dianteiro e Darío, aproveitándoo, entraba con todo para pór a bota e superar a Aceves. Era o seu undécimo gol da campaña, a segunda asistencia consecutiva do canario e significaba o 2-2.

E o premio podería ser maior se, dous máis tarde, no 73, o disparo con veleno de Elliot atopase portería. O extremo tentábao desde fóra da área con forza, pero a pelota marchábase por moi pouco.

Non se atopaba ese premio final, que redondearía unha segunda metade extraordinaria, pero, polo menos, pechábase o encontro nos Anexos José Zorrilla cun positivo 2-2, máis aínda tralo resultado ao descanso.

Un punto máis para o equipo de Juan Carlos Andrés, unha gran imaxe mostrada nun campo moi complicado e os nosos seguirán unha semana máis en playoff, dependendo de si mesmos para clasificarse para a pelexa polo ascenso. Quedan tres encontros: o primeiro, este próximo domingo, no Vero Boquete, contra o Laredo.

 

FICHA TÉCNICA DO PARTIDO

2- REAL VALLADOLID PROMESAS: Aceves; Koke, Víctor, Torres, Garriel; Quintana (Adri Gómez, m.75); Pozo, Fran Rivera, Maroto (Fran López, m.75), Arroyo (Tunde, m.75); e Cédric (Bruno Teixeira, m.59).

2- SD COMPOSTELA: Javi Jiménez; Riki Mangana (Cano, m.87), Kike, Álvaro Casas, Roque; Pablo Antas, Samu (Martín, m.87), Fer Beltrán (Jordan, m.64); Parapar, Mario Rodríguez (Darío, m.54) e Jaime Santos (Elliot, m.64).

GOLES: 1-0: Cédric, min.24; 2-0: Maroto, min.33; 2-1: Jaime Santos, min.49; 2-2: Darío, min.71.

ÁRBITRO: Rodríguez García (Asturias). Amoestou a Víctor e Fran López, polos locais; e a Álvaro Casas, polo Compos.

INCIDENCIAS: Anexos ao Estadio José Zorrilla (Valladolid). Xornada 31 do Grupo 1 da Segunda RFEF. Ata terras valisoletanas desprazáronse preto dun centenar de seguidores branquiazuis.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
▶️ 𝑨 𝑷𝑶𝑳𝑨 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑵𝑫𝑨 𝑴𝑬𝑻𝑨𝑫𝑬!!!S. D. Tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌⚔ SEGUIMOS A POR TODAAASSS!!! TODOS XUNTOOOSSS!!! ⚔#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸️@sd tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.