Juan Carlos Andrés: “É o Valladolid B, son tres puntos e temos que pensar que debemos facer ben para gañarlles”

21 de Abril de 2023
  • O técnico branquiazul destacou as calidades do rival e aventurou un partido complicado para o Compos

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2023

A SD Compostela visita este domingo ao Real Valladolid Promesas co obxectivo de encadear dous triunfos seguidos. Os nosos afrontan un novo encontro de playoff, contra un rival directo, situado a tan só un punto na táboa.

Para a cita, Juan Carlos Andrés avisa do potencial do rival, pero tamén das calidades dos seus. Por iso, o foco, apuntou, ten que estar neste partido, non pensar máis aló, só no que deben facer ben para superar ao cadro valisoletano.

 

Declaracións de Juan Carlos Andrés na rolda de prensa.

 

Estado do plantel. Allyson continua o seu proceso de recuperación e Pablo Crespo adestrou hoxe, pero ten unha molestia no nocello. Temos que avalialo nas próximas 24 horas, para ver se está en disposición ou non. Temos esa pequena dúbida, de cara ao adestramento de mañá.

O Valladolid B. É un rival moi complicado, moi dinámico, moi axustado nestes momentos, coas ideas moi claras nas cousas que fan e moi intensos despois da perda para a recuperación. Séntense cómodos tanto na creación, acumulando moita xente por dentro e aproveitando esas situacións, e logo, cando se teñen que repregar, están relativamente cómodos. Están nunha boa dinámica, nunha boa traxectoria e será un partido moi complicado.

Poñer o foco en cada día. Como lle dixen aos mozos toda a semana, nós poñemos o foco en cada día. Nestes momentos estamos a pensar en poñer o foco no adestramento do sábado, para poder estar nas mellores condicións o domingo. Gústame ver as cousas que pasan pola semana, para tomar decisións e niso estamos.

O potencial do rival. Nas transicións. Cada vez que recupera, inicia ataque moi rápido e vertical, con xogadores moi bos tecnicamente e físicos. Nós teremos as nosas alternativas. Coas condicións que temos e con certos matices que podemos atopar nas cousas que estamos a facer agora, imos tentar penalizarlles.

Sensacións tras gañar. As semanas son distintas. Queiras que non, a vitoria sempre che deixa un pouso de alegría dentro do corpo, que debemos aproveitar como unha vitamina para poder afrontar o seguinte partido. A semana pasada afrontabamos o partido con esa mochila de non gañar, agora, esa mochila ten que seguir aí, porque a responsabilidade do fútbol segue aí, pero o grao de implicación non baixou. A semana foi moi boa, porque a xente ten ambición. Temos que seguir demostrando esa ambición de querer seguir gañando e de querer seguir mellorando a nosa situación.

Un partido importantísimo. Non creo que haxa que darlle o termo de final. É un partido importantísimo e moi determinante, pero como todos os que nos quedan de aquí a terminar. Se todos son importantes, significará que estamos a competir por algo e que o equipo segue con opcións. Non debemos equivocarnos nos termos. É un partido moi importante, é o que temos agora, é no que temos que poñer o foco e debemos esquecernos do resto, de calculadoras ou clasificacións. É o Valladolid B, tres puntos, pensar que os queremos, todo o que debemos facer ben para gañalos e todo o que temos que ser quen de evitar para que non se nos escapen.

Un rival que encaixa máis na casa. Esta categoría, cando tes que levar a iniciativa do xogo, ás veces é fácil que te penalicen. É un equipo que está arriba, cando o rival vai presuponse que teñen que levar a iniciativa e moitas veces os erros pesan máis que os acertos. Do que vin, paréceme un rival moi complicado, con xogadores de moita calidade, con moito dinamismo e vainos a custar moito. Non serei eu o que lle quite mérito ao rival e non perderei un grao de atención en que será un partido moi difícil, máis aló dos resultados que tivese ata o de agora. Querer facer unha análise do que vai pasar, en función de todas as cousas que pasaron antes, non ten sentido.

O Compos que espera. Nós tampouco somos os mesmos que fai tres semanas. Quero que vexamos un equipo que se mostre sólido, que defensivamente sexa quen de apertar e xuntarse, e que sexa ambicioso en área contraria. O resultado que se dea, que sexa vitoria, pero analizándoo en base ao que nós imos facer e ao partido que temos que afrontar.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario a nosa locomotora, Antón Guisande 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐀𝐧𝐭𝐨𝐧!! 💪 Que veñan acompañados de moitos goles, moita alegría e que o poidamos celebrar cun ascenso📸 @nacho ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos iniciaron hoxe a semana de traballo👉 Toca recuperar folgos e preparar a ida da finalísima do play off💪 Queremos comezar da mellor maneira esta nova rolda, co voso apoio dende a bancada!!!#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌🎟️ NOVA PROMOCIÓN👉 Cada abonado adulto pode retirar unha entrada a maiores a 5€Esta promoción tamén está habilitada ata o venres ás 15:00 horas!!A forza de todos é fundamental para facer do Vero Boquete un fortín!!! 🏟️🩵🤍📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌🩵🤍 Xa está aberta a venta de entradas para a ida da final nacional do play off!!!𝐀𝐛𝐨𝐧𝐚𝐝𝐨𝐬 (ata venres ás 15:00h)Xeral - 5€Menores de idade - Gratis (*OBRIGATORIO retirar invitación)𝐍𝐨𝐧 𝐀𝐛𝐨𝐧𝐚𝐝𝐨𝐬Xeral - 15€Menores de idade - 2€👉 As entradas poden retirarse desde xa na Oficina, na Tenda ou Online (leva gastos de xestión)🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 IMPORTANTE: O prezo para abonados é ata o venres 12 ás 15:00h. Pasado o prazo, o seu asento tamén quedará liberado para o público xeral📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, comezamos a fase definitiva do play off na nosa casa🫂 Necesitamos o apoio de todos para acadar o obxectivo🆚 CF Badalona⚽️ 𝐈𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐥🗓 14/06🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ A partir das 15:00h, toda a ℹ️ sobre as entradas#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.