Triunfo claro e contundente dun Compos superior ao Palencia

16 de Abril de 2023
Celebración de la SD Compostela en el gol de Fer Beltrán.
Fer Beltrán celebra su gol, el primero de la mañana.
Samu llegando para poner el servicio atrás, en el gol de Fer.
Parapar, muy incisivo en ataque todo el duelo, buscando el regate.
  • Os nosos romperon co seu mal momento cun partidazo, no que superaron por 3-0 aos palentinos
  • Fer Beltrán, na primeira parte, e Jaime Santos e Mario Rodríguez, na segunda, selaron o tres puntos

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2023

A SD Compostela rompeu coa súa mala xeira de resultados e fíxoo da mellor maneira, cun triunfo contundente na casa e mostrando un gran fútbol. Os nosos superaron por 3-0 ao Palencia Cristo Atlético nunha mañá asollada na que o equipo se atopou coa súa mellor imaxe. Foron tres puntos vitais para o obxectivo de meterse en playoff.

O primeiro da matinal chegou pasado o cuarto de hora, cando un centro atrás de Samu cazábao Fer Beltrán para mandalo á rede. Cunha acción similar, xa na segunda, o mediocentro de Bembibre volveu chegar ata liña de fondo, serviuna atrás e, nesta ocasión, foi Jaime Santos o que a empalou á rede. E na recta final, un fermoso servizo de Elliot deixou a Mario Rodríguez no man a man que, con calma, pechou a goleada.

 

Un duelo decisivo para a SD Compostela.

Debutaba Juan Carlos Andrés no Vero Boquete de San Lázaro e facíao coa necesidade de sumar os tres puntos. A necesidade de puntos para clasificarse para o playoff e o mal momento de resultados, obrigaban aos nosos a ter que gañar contra o Palencia Cristo Atlético.

Con este claro obxectivo, o novo técnico branquiazul introduciu ata catro novidades no once. Recuperou a Roque para o carril esquerdo, a Kike no centro da zaga, a Fer Beltrán na medular e a Jaime Santos, como sorpresa, na punta de ataque.

Con superioridade no centro do campo, o Compos saltaba mellor ao verde e iso permitíalle dominar os primeiros compases do duelo. A acumulación de centrocampistas permitía aos nosos ter máis a pelota e lanzar, a través do control, ás bandas.

Cuns laterais moi incisivos, as primeiras oportunidades chegaban dos seus pés. Primeiro, cun centro de Riki Mangana ao que non chegaba Mario por pouco. E despois, cunha entrada de Roque, que no man a man se encontraba coa parada in extremis de Maxi.

Non era á primeira, tampouco á segunda, pero á terceira si chegaba o gol. Corría o minuto 19 cando Samu aparecía ao espazo para recibir de Riki, porfiaba para que non saíse a pelota e tirándose servíaa atrás á perfección, xa que o balón foi directo ao punto de penalti por onde entraba Fer Beltrán. O do Saviñao , mostrando unha das súas calidades, chegaba desde atrás para empalala ao fondo da rede e pór o primeiro no luminoso.

O tanto non podía sentar mellor aos nosos que seguiron ao seu. O dominio era total e as ocasións non paraban de sucederse. No 22, Jaime Santos mandaba ao limbo un man a man, tras correr en solitario desde tres cuartos de campo. Ao minuto seguinte era Mario Rodríguez o que desaproveitaba a vantaxe, atopándose con Maxi, mesma sorte que corría Parapar no rexeite. E no 30, de novo Mario, mandaba arriba unha pelota franca que caía na área.

Sen fortuna para aumentar o resultado, chegábase ao intermedio coa vantaxe mínima por 1-0, pero coa sensación de ter a contenda dominada.

 

Segunda parte de dominio do Compos.

Tendo claras as súas ideas, a segunda parte arrincaba da mesma forma, cun Compos que avisaba antes de completar o primeiro minuto. Parapar, moi activo todo o partido pola banda, deixábaa de cara para Antas, pero o disparo deste, desde a frontal, detíñao en dous tempos o porteiro palentino, o mellor dos seus no Vero Boquete.

Con todo, o Palencia non se rendía e boa proba diso era a oportunidade de Adri Castro aos 49 minutos. O coruñés, tralo rexeite dunha acción a balón parado, estaba a piques de equilibrar o marcador, pero a súa volea, afortunadamente, estrelábase no pau.

O aviso visitante non amedrentaba ao Compos, a pesar da súa falta de confianza polos últimos resultados. Así, catro máis tarde, reaccionaban con Mario Rodríguez, quen se atopaba de novo cun gran Maxi, tras recibir en solitario na frontal. E dous despois, chegaba o segundo.

A acción do gol era moi similar á do primeiro. De novo aparecía Samu ao espazo, chegando ata liña de fondo e servindo o esférico ao corazón da área onde o falso nove Jaime Santos, de volea, a empalaba á rede. Un auténtico golazo que demostraba a superioridade branquiazul.

Tras dobrar a súa vantaxe, Chuchi Jorqués movía o banco e un dos recentemente entrados tería a opción de meter aos seus no encontro. Era de novo a balón parado e o resultado era similar ao anterior. Arroyo cazaba a pelota na frontal, tralo rexeite dun córner e o seu disparo estrelábase no poste e atrapábao na liña Javi Jiménez.

A pesar diso, a sensación de control era total por parte do Compos e cada vez que arrincaban os nosos coa pelota, apreciábase que algo podía pasar.

Volvíao a tentar o Palencia, xa no 80, de lonxe, pero Javi Jiménez, moi seguro todo o duelo, sacábaa arriba cunha fermosa palomita. E o premio ao dominio, selábase co terceiro da matinal, no 86.

Elliot, demostrando a súa calidade, gañábaa na banda, penetraba ao centro e puña un servizo de moita calidade para que Mario Rodríguez, desde a outra banda, se plantase só, de novo, contra Maxi. Nesta ocasión, o atacante barcelonés por fin podía redimirse, tras semanas sen marcar, e fusilaba a pelota ao fondo das mallas. Era o seu noveno gol da campaña.

O tanto de Mario servía como peche a unha mañá perfecta, selada cos tres puntos. Un triunfo máis que necesario e vital para seguir pelexando polo playoff de ascenso. Un 3-0 que deixa aos nosos, unha semana máis, en posicións de ascenso, antes de encarar outra semana decisiva, xa que o vindeiro domingo o Compos visita ao Valladolid Promesas, tamén en playoff.

 

FICHA TÉCNICA

3- SD COMPOSTELA: Javi Jiménez; Riki Mangana, Kike, Álvaro Casas, Roque; Pablo Antas; Parapar (Elliot, m.77), Samu (Darío, m.65), Fer Beltrán (Cano, m.87), Mario Rodríguez (Martín, m.87); e Jaime Santos (Jordan, m.65).

0- PALENCIA CRISTO ATLÉTICO: Maxi; Montes, Yago (Israel, m.69), Abel, Mario (Rafa, m.57); A. Conejo (Duque, m.69), Mingo; Diego (Arroyo, m.57), Ale (Ali, m.63), Adri Castro; e Adri Herrera.

GOLES: 1-0: Fer Beltrán, min.19; 2-0: Jaime Santos, min.55; 3-0: Mario Rodríguez, min.86.

ÁRBITRO: Sahelices Puga (Asturias). Amoestou a Roque e Pablo Antas, polo Compos; e a Israel, polo Palencia.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 30 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 870 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 | Míchel 🩵🤍🙌 OS NOSOS para o encontro de mañá no Estadio Vero Boquete, ás 12.00 horas, contra o @realoviedo Vetusta!💪 Míchel chama a varios reforzos da @canteirapicheleira #ComposVetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario, Samu Araujo!!! 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Samu!!! 💪 Oxalá poder celebralo mañá cunha nova vitoria na nosa casa!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | 𝐌𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥 𝐀𝐥𝐨𝐧𝐬𝐨 🗣️ PREVIA do encontro deste domingo, ás 12.00 horas no Vero Boquete, ante o Real Oviedo Vetusta!!!🩵🤍 Hoxe acompañounos na rolda de prensa Fernando Leis, de O Pan de Leis, patrocinador do encontro!#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄𝐃𝐈𝐂𝐎𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐀𝐧𝐭𝐚𝐬 🩵🤍👨‍⚕️ As probas realizadas a Pablo Antas polos servizos médicos confirmaron unha microrotura no músculo semitendinoso da súa coxa dereitaEstará de baixa dúas semanas!Moito ánimo, Pablo 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.