Juan Carlos Andrés: “Agardo un Compos con paciencia para manexar o partido”

14 de Abril de 2023
  • A rolda de prensa tivo lugar no Hotel Oca Puerta del Camino, patrocinador do partido contra o Palencia Cristo Atlético

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2023

Nas instalacións do Hotel Oca Puerta del Camino, patrocinador do partido contra o Palencia Cristo Atlético, Juan Carlos Andrés analizou como chega o equipo ao encontro, no que será o seu debut no Vero Boquete de San Lázaro.

Acompañado por Lalo Crespo, director do Hotel, o novo técnico branquiazul sinalou que, trala derrota na estrea, agarda un Compos máis dominador, con tranquilidade para dominar a pelota e efectivo en ataque. Isto será clave, apuntou, para poder sumar os tres puntos.

 

Declaracións de Juan Carlos Andrés no Oca Puerta del Camino.

 

Baixas para o partido. Coas que xa contabamos. Pablo Crespo, que está sancionado, e Allyson, que continúa de baixa.

Recuperación de Damián. Completou as sesións de adestramento. Fíxoas practicamente completas e sen ningunha incidencia, de inicio. Veremos como transcorre a sesión de mañá e se non hai ningún contratempo, estará en disposición de entrar en convocatoria. As sensacións foron boas nestes adestramentos.

Achegar as ideas propias. Tendo en conta que nas pretempadas adóitanse tardar seis semanas para tentar que os equipos collan as ideas, e que nós levamos entre catro e sete adestramentos, a liña é un pouco a mesma, porque senón podemos caer no erro de terminar por confundir ou que o xogador teña demasiadas cousas que asimilar. Imos facendo cousas, sobre todo en presión en campo contrario, tentar recuperar un pouquiño máis alto e se non somos quen, xuntarnos un pouco máis para ser máis sólidos como conxunto á hora de recuperar. E con balón, algo que lles estou repetindo, é que temos que recuperar sensacións e ter tranquilidade e confianza para poder sacar toda a calidade que teñen dentro.

O Palencia. Eles veñen dunha dinámica de derrotas, cunha necesidade distinta. Os dous equipos estamos necesitados de gañar por obxectivos distintos, pero a necesidade é a mesma. Espero que sexamos quen de ter a paciencia e a tranquilidade para poder manexar o partido, para poder manexar o balón, sobre todo. Eles son un equipo moi intenso e bastante agresivo, que saltan á presión, e iso require que esteamos moi acertados nos pases para eliminar e logo, sobre todo, que estamos moi acertados cara á portería contraria.

Pensar só en gañar. Imos pensar no presente e o presente é o partido do Palencia. Imos pensar en positivo, en que imos gañar e imos seguir defendendo a posición que temos, mesmo que a podamos mellorar. Creo que non nos vai levar a nada, facer a análise de cal é a consecuencia de perder. Creo que é mellor facer unha análise de cal é a consecuencia de gañar, e traballar para iso.

Visita de Eusebio. Estivo onte e hoxe, tamén estará mañá e no partido. Nalgún momento veu a estar preto, a dar ánimos e axudar. Probablemente, a nivel táctico, é un dos mellores adestradores que hai no mundo, en base ao que eu penso. Gústalle transmitir e pola relación que nos une, é benvido. Todo o que el comenta, escóitase. Estou moi agradecido de que estea aquí animando e trasladándonos toda a súa forza.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🫂🩵🤍 Xornada de convivencia dos nosos na Senda do PoolUnha vez máis, queremos agradecer ao noso establecemento colaborador por acollernos no seu localCollemos impulso para unha tempada ilusionante! 🚀 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A SD Compostela realizou esta mañá unha ofrenda ao Apóstolo SantiagoNa Catedral, recibiunos o seu deán, Manuel Jesús Formoso, quen desexou moita sorte ao equipo para esta Tempada 26/27 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 1🩵🤍 O técnico valorou a pretempada, o inicio da Liga e a importancia de conectar coa afección desde o comezo👉 A rolda de presa tivo lugar no Restaurante San Jaime, patrocinador do club ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📸🩵🤍 ROQUE, TEOFILOVIC E IAGO DOMÍNGUEZ SON XA BRANQUIAZUIS!✅ Os tres están preparados para o comezo da Liga! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Roque, Iago Domínguez e Teofilovic🩵🤍 As tres últimas fichaxes do Compos foron presentadas no Restaurante La Planta, novo patrocinador do club👉 Acompañounos José Antonio Vilaseco, propietario do establecemento compostelán ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.