Compos contra Palencia, un partido a favor da Doazón de Órganos

11 de Abril de 2023
Presentación da campaña no Pazo de Raxoi con Juan Carlos Gesto, Mila Castro e Alfredo Saborido.
Presentación do partido do Compos en colaboración con Alcer e o Concello de Santiago.
  • En colaboración con Alcer e o Concello de Santiago, o duelo deste domingo ás 12.00 horas no Vero Boquete servirá para poñer en valor que doar salva vidas

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2023

O partido que disputarán a SD Compostela e o Palencia Cristo Atlético este domingo, ás 12.00 horas, no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro terá un carácter especial. O importante duelo para os nosos servirá para poñer en valor a doazón de órganos. En colaboración coa Asociación Alcer Coruña e o Concello de Santiago, durante o encontro lembrarase a importancia de doar, un acto humanitario que salva vidas.

As accións que levarán a cabo durante o encontro enmárcanse como unha das actividades principais da campaña Doar é doado deste 2023, unha iniciativa do Concello de Santiago que cumpre o seu cuarto ano.

Con motivo desta colaboración, colocaranse mesas informativas sobre a doazón de órganos e o coidado da saúde renal nas portas de acceso e saída do Vero Boquete. Ademais, repartiranse dípticos con información básica sobre a doazón de órganos a todas as persoas que asistan ao encontro.

Do mesmo xeito, enmarcado nesta acción, tamén se realizará unha formación sobre a importancia da doazón de órganos cos xogadores de categoría xuvenil da Canteira Picheleira. Esta actividade levarase a cabo o vindeiro venres 21 de abril na sede da Federación Galega de Fútbol (Futgal).

A maiores, dentro do programa de actividades co que colabora a SD Compostela, tamén se realizarán charlas en centros de educación Primaria e Secundaria, así como na Facultade de Enfermería e Traballo Social.

Nesta liña, tratarase, con diferentes charlas, a alimentación saudable, así como formacións para conseguir estratexias que preveñan a dependencia.

A presentación do programa tivo lugar esta mañá no Pazo de Raxoi coa presenza do presidente da SD Compostela, Juan Carlos Gesto, acompañando á concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro; e ao vicepresidente de Alcer Coruña e secretario de Alcer Galicia, Alfredo Saborido.

“A SD Compostela séntese orgullosa de participar nesta campaña para fomentar a difusión de información sobre a doazón de órganos, un acto de xenerosidade que pode salvar moitas vidas ou mellorar a vida de moitas persoas. Un dos nosos sinais de identidade é participar co tecido social, en especial co asociativo, da nosa cidade en todo tipo de accións de carácter solidario, que traballen en favor da integración. Por iso, é un orgullo para nós formar parte desta iniciativa”, sinalou o presidente da SD Compostela.

 

Sobre Alcer Coruña.

A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, Alcer Coruña, ten como obxectivo prestar atención psicosocial e mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal e aos seus familiares na provincia da Coruña. Ademais da atención, asesoramento e intervención con persoas con enfermidade renal, entre os obxectivos da entidade tamén está a sensibilización da cidadanía sobre a doazón de órganos e hábitos de vida saudables.

Esta campaña enmárcase dentro do programa Alcer 7 Vidas, que promove actividades de sensibilización sobre a doazón de órganos, a través do convenio que se ten co Concello de Santiago.

Para máis información, pódese consultar o Díptico da Campaña aquí.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.