O Xuvenil A do Compos logra a permanencia na División de Honra

8 de Maio de 2023
Celebración do Xuvenil A do Compos tras lograr a salvación.
Aliñación dos nosos contra o Coruxo.
O Xuvenil A do Compos seguirá na División de Honor.
  • O empate ante o Coruxo e a derrota do Marina permitiron aos nosos cumprir o obxectivo

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2023

O Xuvenil A do Compos conseguiu o obxectivo. A SD Compostela seguirá unha tempada máis na División de Honor. Houbo que sufrir, mesmo ata despois de acabar o seu partido, pero ao final houbo premio, o que permitiu unha celebración ao grande en Santa Isabel. O empate conseguido contra o Coruxo e a derrota do Marina Sport contra o Celta selou a permanencia dos nosos.

A mañá do domingo para o Compos comezaba coa necesidade de sumar na casa contra o Coruxo para poder seguir un ano máis na División de Honor. A vitoria deixaba aos nosos na máxima categoría e o empate facíalle depender doutros resultados, combinación que finalmente se deu.

Nun derbi vibrante, posto que o cadro vigués tampouco tiña asegurada a permanencia, o encontro empezou da mellor maneira posible para o Xuvenil A do Compos. Aos seis minutos, Iker Carril adiantaba aos nosos ao recibir só na área e superar ao porteiro cun tiro cruzado coa dereita.

A situación poñíase de cara e iso levaba aos nosos a dominar a contenda, nunha primeira parte de clara cor branquiazul, na que podería chegar algún gol máis.

Con todo, chegábase co 1-0 ao intermedio e iso daba ás aos visitantes. O Coruxo arrincaba a segunda metade con aires frescos e atopábase cun premio ao pouco de arrincar, igualando a contenda.

O empate xa non era suficiente para depender de si mesmos, polo que o Compos necesitaba outro tanto para poder respirar tranquilos. Tentábano os nosos, pero non atopaban o premio.

Con todo, as boas noticias chegaban desde Cantabria. O Celta poñíase por diante no marcador contra o Marina e a Gimnástica tamén caía na casa contra o Oviedo, o que facía valer o empate.

 

O Xuvenil A seguirá na División de Honor.

 

A pesar diso, facía falta referendar os resultados, polo que unha vez se terminou a contenda en Santa Isabel, sen que se movese o 1-1, houbo que esperar que as noticias seguisen sendo favorables. Foron dous minutos moi longos, pero a información desexada chegou: o Celta gañou 1-2 e o punto conseguido deixaba ao Compos fóra do descenso.

Logrouse, o Xuvenil A do Compos seguirá competindo un ano máis na División de Honor. Por terceira tempada consecutiva, a SD Compostela estará na máxima categoría nacional, un gran éxito para a Canteira Picheleira. Os xogadores puideron celebralo por todo o alto, nunha festa que tamén tivo un toque emotivo, posto que moitos deles deixan atrás a súa etapa xuvenil para pasar a Sénior.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.