Manu Barreiro, un goleador nato para a dianteira da SD Compostela

5 de Xullo de 2023
Manu Barreiro, novo xogador da SD Compostela
  • Manu Barreiro chega ao Compos tras disputar as dez últimas tempadas en Segunda División e firma por 3 tempadas

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2023

Manuel Barreiro Bustelo (Santiago, 08.07.1986) é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 23.24. O dianteiro compostelán, tras disputar as dez últimas campañas na Segunda División, chega ao Compos cun obxectivo claro: achegar ao equipo dos seus amores ao fútbol profesional que tantos éxitos lle deu.

Coa fichaxe de Manu Barreiro, o Compos refórzase cun goleador nato, un ariete cunhas capacidades e unha calidade máis que contrastadas e que se comprometeu co club para as próximas tres tempadas.

Aos seus 36 anos, Manu Barreiro aínda ten moito fútbol por diante. A experiencia é un grao, como demostrou nos seus últimos cursos no CD Lugo, sendo unha peza fundamental do proxecto lucense. Por iso, firma ata 2026.

A súa incorporación á SD Compostela supón tamén o seu regreso ao equipo que o viu crecer, no que xogou ata o primeiro ano da categoría Cadete, dende onde saltou á canteira do Real Madrid.

 

Dez tempadas completas e 304 encontros na Segunda División.

Manu Barreiro atesoura nas súas botas nada menos que 304 encontros disputados na Segunda División, aos que suma outros 71 na Segunda B e 14 da Copa do Rey. Ademais, nos seus inicios, tamén destacou durante varias campañas na Terceira División.

A longa traxectoria de Manu Barreiro no fútbol nacional comezou no filial do Valencia, nuns primeiros anos como sénior nos que pasaría por Lalín, Alxeciras, Cádiz, Xerez Industrial e Zamora. Aínda moi novo, nesa etapa, na que se asentou na Segunda B, xa conseguiu debutar en Segunda División, disputando sete encontros co Cádiz, anotando incluso un gol.

Con todo, regresaría a Galicia en 2010 para impulsar o seu camiño dende Terceira División. Ese ano ficharía no Cerceda, co que conseguiría 20 goles; ao curso seguinte polo Pontevedra, anotando outros doce; e no 2012 polo Racing Club de Ferrol, no que marcou 23 goles e ascendeu á Segunda B. E na división de bronce, co conxunto departamental, volveu sobresaír, marcando 21 tantos e sendo o puntal dun equipo que estivo a piques de subir á Segunda.

A pesar de non logralo co equipo, Manu Barreiro si recibiu a oportunidade de ascender ao fútbol profesional, e fíxoo da man do Deportivo Alavés. En Vitoria estaría dúas campañas e media, conseguindo un ascenso á Primeira División, aínda que non chegaría a debutar. En Mendizorroza concluiría a súa etapa con 63 encontros disputados en Segunda, nos que anotou 16 goles.

Do Alavés ficharía polo Nástic de Tarragona, tamén na Segunda División, no que estaría dous anos. No seu primeiro curso, tras chegar en xaneiro, xogaría 19 encontros e marcaría 5 tantos. No seu segundo, 39 duelos con 10 goles. E no terceiro, ata xaneiro, 20 partidos e un gol.

Nese mes de xaneiro de 2019 recalaría no Lugo, e na cidade amurallada comezaría unha etapa idílica ata este verán, logrando que o equipo se mantivese na división de prata do fútbol nacional ata este 2023. Nese medio ano inicial, participaría en 15 encontros, marcando dous goles. Na súa primeira tempada completa, 36 encontros e 7 tantos. Na segunda, 37 partidos e 12 chicharros. Na terceira, 36 partidos, con 7 dianas. E nesta última, a cuarta, 32 encontros con 1.586 minutos de xogo, e 2 goles.

En total foron 156 partidos disputados co CD Lugo na Segunda División, marcando 30 goles e sendo unha referencia do ataque lucense.

 

Con toda esa experiencia, Manu Barreiro ficha no Compos co reto de encabezar un proxecto ilusionante e axudar ao equipo a conseguir o ascenso á Primeira RFEF, achegando todo o seu bo facer e a súa capacidade goleadora.

Coa súa fichaxe, a cuarta deste verán, a SD Compostela conta xa con 16 xogadores con contrato en vigor para a próxima campaña: Pato, Borja Rey, David Soto, Álvaro Casas, Kike, Pablo Crespo, Damián, Martín, Antón de Vicente, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan Domínguez, Pep Caballé, Elliot, Parapar e Manu Barreiro.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

3 days ago

SD Compostela
🌞 Os 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐮𝐬, os do 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬 🩵🤍🙌 Abertas as inscricións para os Campus de Verán do Compos!✍️ bit.ly/InscribirseCampusXacobeos⚽️ Este verán teremos 2 semanas en Santiago e XA PODES INSCRIBIRTE! 👇👉 Nos próximos días, máis sedes!🤝 Por suposto, agradecémoslle un ano máis a Proxecto Touro - Cobre San Rafael o seu apoio nos #CampusXacobeos!#CampusXacobeos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚽️ Pato Guillén e a SD Compostela separan os seus camiños!Grazas por estas seis tempadas xuntos! Esta sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ bit.ly/GrazasPato ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⚽️ Semana de adestramentos👉 O equipo iniciou hoxe a primeira das tres sesións previstas para esta semana! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 days ago

SD Compostela
🔚 Non puido serO Compos caeu na última xornada, na súa visita a @racingcantera, quedando sen posibilidades de playoff 👉 Os nosos terminan a liga en séptimo lugar con 47 puntos 📸 @jtphotograpy ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 days ago

SD Compostela
🔚 FINALCantera - Real Racing Club 3️⃣-1️⃣COMPOS 💛🖤#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.