Michel Alonso: “Dos oito goles, eu non metín ningún. É cousa deles. Os importantes son os futbolistas”

3 de Novembro de 2023
Michel Alonso, adestrador da SD Compostela, contra o Tenerife
  • A SD Compostela quere conseguir a terceira vitoria consecutiva en liga na súa visita ao Langreo

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2023

Pasada a eliminatoria de Copa do Rei, na que o Compos deixou moi boas sensacións contra todo un Tenerife, a pesar de caer eliminado, a SD Compostela xa se centra de novo na liga. Di o refrán que non hai dous sen tres e iso é o que queren os nosos: conseguir a terceira vitoria consecutiva contra o Langreo.

Trala estrea de Michel Alonso con senllos triunfos, tanto de visitantes como na casa, a SD Compostela quere prolongar esa boa dinámica. O equipo vai a máis e pretenden mostralo, de novo, no Estadio Ganzábal. O obxectivo é sumar os tres puntos para seguir escalando postos na táboa, superando nela a un rival que iniciou a competición a un gran nivel.

 

Previa de Michel Alonso

Estado do plantel.

En principio recuperamos, creo, a Manu Barreiro. Temos unha sesión máis, hoxe adestrou no campo e ten boas sensacións. Fran, probablemente, non vaia a chegar. E do outro día, Antas non chegará. Ten unha escordadura forte no nocello e para este partido non vai chegar.

Fran ten un problema no cuadríceps. É unha molestia, parece que non hai nin rotura, pero temos que agardar.

Semana diferente.

É unha semana de traballo complicada, porque non podes adestrar todo o que quixeses. Trátase máis de competir e recuperar que outra cousa. É máis, hoxe aínda hai xogadores con fatiga do mércores e facendo recuperación. En todo caso, hoxe xa vimos cousas do Langreo, mañá veremos outra parte e estamos preparados.

Cambio de chip da SD Compostela.

Teño moita xente sumada á causa, o cal é fenomenal. Estou moi contento co rendemento de todos os xogadores que entraron nos partidos que levo aquí.

O Langreo.

É un equipo que está invicto na casa, o que nos dá un dato importante. É un equipo que en fase ofensiva é quen de dominar con balón, pero se non o ten, contraataca moi ben tamén. Pódeche facer dano desas dúas maneiras. En casa é dominador, xa o din os datos, e teremos que estar a moi bo nivel para conseguir ao que imos, a polos tres puntos.

Un 3-4 ou un 0-1.

O que quero é gañar, váleme calquera das dúas opcións. En todo caso, creo que é importante que nos fagan poucas ocasións. Vimos dun partido contra un rival de Segunda División que case non nos tiraron a portería e a liña ten que ser esa, pero se ten que ser 3-4 asínoo tamén.

Falando en serio, os equipos que gañan cousas, son equipos defensivamente fortes e ese ten que ser o noso camiño.

Pensar no partido a partido.

Creo que é o máis coherente. Ao ter tantos partidos seguidos está a facernos pasar rápido cada partido, seguir corrixindo cousas e non centrarnos tanto na competición. Por iso, o partido a partido é a postura máis coherente ata agora.

Contento con todos os xogadores.

Sempre se fala de mercado, pero teño que xulgar aos xogadores desde que estou eu. A miña impresión de todos desde que estou aquí é fenomenal e con estes xogadores vou a matar. A partir de aí, xulgarásenos a todos, a min tamén, pero polo que estou a ver non cambiaría a ningún xogador e iso é o importante.

Cambio de tendencia, cousa do adestrador?

Dos oito goles, eu non metín ningún. É cousa deles. Os importantes son os futbolistas, aínda que os adestradores temos importancia en que os xogadores estean cómodos no campo. O primeiro día díxenlles que nos lles ía a obrigar a facer nada que non soubesen e niso seguimos. Quero que estean o máis cómodos posibles no campo para que saquen o seu mellor rendemento.

Mirar cara á canteira picheleira.

Miro para a canteira porque é unha obrigación. Estou sorprendido co que están a facer os xuvenís, como o di a clasificación. Fun a velos o outro día, pero non xogaron polo tempo. E do filial sorpréndeme que hai mozos moi bos, entre eles, Landeira, que xa debutou o outro día. E eu non regalo nada aí, porque si non dese o nivel, non o metería. Por tanto, sería unha neglixencia non mirar para a canteira pola calidade que hai.

 

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

4 days ago

SD Compostela
🌞 Os 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐮𝐬, os do 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬 🩵🤍🙌 Abertas as inscricións para os Campus de Verán do Compos!✍️ bit.ly/InscribirseCampusXacobeos⚽️ Este verán teremos 2 semanas en Santiago e XA PODES INSCRIBIRTE! 👇👉 Nos próximos días, máis sedes!🤝 Por suposto, agradecémoslle un ano máis a Proxecto Touro - Cobre San Rafael o seu apoio nos #CampusXacobeos!#CampusXacobeos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⚽️ Pato Guillén e a SD Compostela separan os seus camiños!Grazas por estas seis tempadas xuntos! Esta sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ bit.ly/GrazasPato ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
⚽️ Semana de adestramentos👉 O equipo iniciou hoxe a primeira das tres sesións previstas para esta semana! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 days ago

SD Compostela
🔚 Non puido serO Compos caeu na última xornada, na súa visita a @racingcantera, quedando sen posibilidades de playoff 👉 Os nosos terminan a liga en séptimo lugar con 47 puntos 📸 @jtphotograpy ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 days ago

SD Compostela
🔚 FINALCantera - Real Racing Club 3️⃣-1️⃣COMPOS 💛🖤#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.