Michel Alonso: “Temos que ser un equipo que non se note se xogamos na casa ou fóra”

16 de Novembro de 2023
Michel Alonso, adestrador da SD Compostela
  • Michel Alonso agarda un Compos dominador, coma no Vero Boquete para lograr, ante o Guijuelo, a súa primeira vitoria en artificial da tempada

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2023

A SD Compostela regresou o pasado domingo á senda da vitoria e, con ese impulso, agora afronta un novo reto. Os nosos queren volver gañar como visitantes, facéndoo ademais nun terreo de herba artificial. O obxectivo, por tanto, é desquitarse da derrota en Langreo e mostrar, de novo, esas grandes sensacións. Con todo, a tarefa non será sinxela, debido a que enfronte estará un Guijuelo invicto como local e que está en postos de playoff.

Por iso, para lograr o obxectivo, Michel Alonso apuntou na previa a necesidade de que o Compos se pareza ao equipo do Vero Boquete. Un Compos dominador e sólido, para poder superar a un duro rival.

Estado do plantel.

En principio, recuperamos a algún xogador. Riki Mangana penso que vai poder chegar ao partido. Despois, aínda que Fran xa está tamén facendo cousas, aínda vai estar fóra unhas semanas. E ademais, están fóra Soto e Samu Araujo.

Mellores ánimos tras gañar na casa.

Totalmente. Cando ves de non gañar, como foi o partido anterior, conseguir unha vitoria é importante. Os ánimos durante toda a semana foron moi bos, aínda que xa o foron despois de Langreo, e nese aspecto estou moi contento coa semana.

Reto de gañar en artificial.

Non ten que ser escusa. Aínda que o noso campo é de herba natural e os adestramentos habituais tamén son en natural, temos a posibilidade de adestrar en artificial e non ten que ser escusa. Esta semana estivemos adestrando en Sergas para adaptarnos o mellor posible a esa superficie.

O Guijuelo, un duro rival.

O Guijuelo está invicto na casa, leva catro vitorias e un empate. É un equipo cun nivel técnico de nivel alto da categoría. Un equipo cunha referencia arriba, xa sexa Dieng ou Juan Antonio, que lles da opcións de xogar directo, cambiando o seu xogo combinativo. Un equipo moi complicado, que os números o están a corroborar.

Que Compos che gustaría ver.

Vimos de perder en Langreo e gustaríame que o Compos deste sábado sexa máis parecido ao Compos da casa, que é un equipo dominador, que xoga en campo rival e que xera moitas ocasións. Isto é fútbol e temos que ser un equipo que non se note a diferencia entre xogar na casa ou facelo fóra.

 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 UD Llanera 🏟️ Pepe Quimarán🕔 17:00 horas🎟️ 15€ - Xeral | Gratis - Menores de Idade📺 Tiivii TV🙌 A pola terceira seguida co voso apoio!📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 UD Llanera 👉 Os nosos para mañá, coa primeira convocatoria para Vilela, tras recuperarse da súa lesión#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #llaneracompos⚒️ Semana de traballo completada no Campo do Sergas🩵🤍 Estamos preparados para o encontro de mañá na herba artificial do Pepe QuimaránIremos con todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.