Vitoria convincente no Memorial Antonio Bermúdez

26 de Agosto de 2024
Samu Rodríguez recollendo o premio do VIII Memorial Antonio Bermúdez de mans da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.
A SD Compostela celebrando o gol de Hugo Matos no partido disputado no Vero Boquete contra o Fabril.
Celebración de equipo do Compos tralo 3-0 contra o Deportivo Fabril no Memorial Antonio Bermúdez.
  • A SD Compostela superou ao Fabril por 3-0 na oitava edición do Memorial Antonio Bermúdez

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2024

A SD Compostela puxo fin á súa pretempada cunha vitoria convincente no VIII Memorial Antonio Bermúdez. Os nosos pecharon sete semanas de traballo cun sólido triunfo por 3-0 contra o RCD Fabril, no que foi tamén a estrea branquiazul no Vero Boquete.

Contra o filial deportivista, rival ao que se medirán dentro dun mes, na xornada 3 de liga, o equipo dirixido por Antón Permuy foi moi superior durante os 90 minutos. Os nosos adiantáronse aos 40 segundos e xa non soltaron o mando para levar a oitava edición do Memorial Antonio Bermúdez.

Os goles compostelanistas correron a cargo de Diego, quen tamén deu a asistencia do segundo; Hugo Matos e Jesús Ocaña, este último xa na segunda metade.

Un gran resultado co que se pon fin a unha pretempada na que os nosos disputaron sete partidos, con tres vitorias, dous empates e outras dúas derrotas. Agora chega o momento da liga e faino cun duelo de altura para empezar, xa que o Compos visitará Soria para medirse ao Numancia nos Pajaritos. Será o domingo 1 de setembro ás 17.30 horas.

FICHA TÉCNICA

3 – SD COMPOSTELA: Rabanillo (Iago Domínguez, m.83); Santi de Prado (Dani Varela, m.83), Kike (Sálamo, m.69), David Soto (Pablo Crespo, m.69), Roque, Jesús Ocaña (Manu Rivas, m.83); Samu (Balsa, m.69), Diego (Xoel, m.83); Landeira, Hugo Matos (Fer Cano, m.58) e Manu Barreiro (Óscar Gil, m.46).

0 – RCD FABRIL: Alberto; Mardones (Marotías, m.78), Vilela (Damián, m.82), Fadill (Teijo, 78), Iker (Luisao, m.78); Carreira (Aarón, m.82), Noé (Garrido, m.82), Hugo V. (Domínguez, m.58); Ovidio (Delgado, m.58), Bill (Guerrero, m.78) e Dylan (Darío, m.78).

GOLES: 1-0: Diego, min.1; 2-0: Hugo Matos, min.8; 3-0: Jesús Ocaña, min.60.

ÁRBITRO: Gómez Lameiro (Pontevedra). Amoestou a David Soto, Diego e Fer Cano, polo Compos; e a Hugo V. e Fadill, polo Fabril.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.