Punto heroico do Compos na estrea do ano

12 de Xaneiro de 2025
Celebración do Compos tralo gol de Ocaña, que permitiu o empate, 2-2, contra o Numancia
Diego celebrando o primeiro gol do Compos, obra de Pablo Crespo
O gol do empate no último minuto levou a ledicia ás bancadas e ao equipo, que o celebrou por todo o alto.
Pablo Crespo marcou o seu primeiro gol da tempada co Compos
Rabanillo, unha vez máis, foi o gran protagonista do partido coas súas paradas de moito mérito.
  • Dous goles no desconto, de Pablo Crespo e Ocaña, permitiron aos nosos empatar o partido contra o Numancia

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2025

O Compos consegue un punto á heroica no debut do 2025. 2-2 final nun duelo no que os nosos perdían no minuto 88 por dous goles e acabaron empatando na última xogada. Igualada que permite aos nosos iniciar o ano cun resultado positivo.

Na estrea do Compos en 2025 no Vero Boquete, o Numancia levou o perigo durante boa parte do choque. Rabanillo estivo imperial baixo paus durante toda a contenda evitando, xunto aos defensas, as acometidas visitantes.

Os mellores minutos branquiazuis chegaron tralo descanso, dando un paso adiante para equilibrar a contenda. Con todo, foi nese momento, nun contragolpe rápido, a dez do final, como chegou o gol visitante. Alain Ribeiro remachou á rede unha contra moi ben levada. E na recta final, nunha acción similar, chegaba o segundo, obra de Dieste, que parecía decidir o partido.

Con todo, o Compos non se rendeu, tirou de orgullo, foise a buscar a heroica e atopouna. Un minuto despois do gol do Numancia, levantáronse os nosos grazas ao tanto de Pablo Crespo, rematando como un dianteiro unha boa xogada de Hugo Matos.

E na última xogada, nun balón colgado, chegou o empate. Peiteouna Santi de Prado, controlouna na área Ocaña e, con suspense, mandouna á rede cun bo disparo coa dereita. Empate e tolemia na bancada.

Co impulso final e a alegría do empate, os nosos ven con diferentes ollos o comezo do ano. Unha alegría que esperan que axude a que a segunda volta vaia mellor que a primeira. Agora, tocará descansar, traballar duro e encarar, o vindeiro domingo, un duro derbi en Pasarón contra o Pontevedra, líder da categoría.

FICHA TÉCNICA

2 – SD Compostela: Rabanillo; Santi de Prado, David Soto, Álvaro Casas (Diego, min.81), Pablo Crespo, Ocaña; Samu (Landeira, min.81), Pablo Antas; Fer Cano (Hugo Matos, min.56), Manu Rivas (Roque, min.68) e Manu Barreiro (Carlos Cinta, min.68).

2 – CD Numancia: Kudakovski; Grande (Gexan, min.78), Lucas Laso, Moustapha, Bonilla; Cristian D., David Sanz (Rementería, min.78); Sanchidrián, Alain Ribero (Cristian Dieste, min.86), Teijeira (Jeremy Vera, min.,66); e Dani Fernández (Jony, min.66).

Goles: 0-1: Alain Ribeiro, min.80; 0-2: C. Dieste, min.87; 1-2: Pablo Crespo, min.88; 2-2: Ocaña, min.90+6.

Árbitro: Muñoz Moreno (Madrid). Amoestou a Pablo Antas e Ocaña, polo Compos; e David Sanz e Cristian Dieste, polo Numancia.

Incidencias: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 18 de Liga do Grupo 1 da Segunda RFEF, e primeira de 2025 e da segunda volta, disputada ante 1.398 espectadores.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.