O Xuvenil A, un ano máis de División de Honra

6 de Maio de 2025
Celebración da salvación na División de Honra do Xuvenil A da SD Compostela.
  • O Xuvenil A do Compos competirá por quinta tempada seguida na máxima categoría nacional

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2025

O Xuvenil A da SD Compostela mantense firme na División de Honra e certificou, por quinto ano consecutivo, a súa praza na maior categoría do fútbol xuvenil nacional. Este fito é moito máis que unha simple estatística, posto que o club non pisaba esta categoría dende a tempada 2003-04 e subliña a consistencia e a forma de traballo da Canteira Picheleira, á vez que consolida ao club entre os máis destacados do fútbol base a nivel nacional.

Cada unha destas cinco campañas foi un chanzo firme na consolidación do equipo nunha liga onde só compiten os mellores. O esforzo dos xogadores, técnicos e dirección de canteira foron os piares fundamentais para alcanzar este obxectivo ano tras ano.

Como broche de ouro a este período de crecemento constante, a tempada pasada quedará gravada na memoria de todos coa histórica clasificación do Xuvenil A para a Copa do Rei. Este logro non só enalteceu o nome do club, senón que tamén demostrou a capacidade do equipo para competir ao máis alto nivel xuvenil do país.

Manterse nesta categoría durante un lustro consecutivo é un testemuño do arduo traballo, disciplina e criterio futbolístico que se pretende transmitir na Canteira para que, deste xeito, o club poida continuar medrando.

No que respecta a esta Tempada 2024-25, o Xuvenil A do Compos, a pesar dunha brillante primeira volta na que acadou o 6º posto, tivo unha segunda fase da liga con desafíos inesperados. Con todo, o espírito competitivo deste equipo saíu a relucir no momento decisivo. Cunha demostración de carácter e fútbol de alto nivel, pechou a tempada cunha xeira impresionante de 5 vitorias consecutivas para escalar á 7ª praza final, con 37 puntos, asegurando a permanencia na División de Honra.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 minutes ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.