O Compos presenta a súa camiseta máis picheleira

22 de Xullo de 2025
A nova camiseta do Compos. A camiseta máis picheleira.
Presentación da camiseta do Compos no Pazo de Raxoi coa presenza da corporación municipal, Santiago en Vivo, Vimbio Corp e Asanog Galicia.
  • A nova camiseta do Compos, patrocinada por SANTIAGO EN VIVO, estará á venta dende mañá mércores

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2025

Unha camiseta especial, con Santiago por bandeira, para alentar o noso sentimento 100% Picheleiro. A SD Compostela presentou esta mañá no Pazo de Raxoi a súa nova camiseta para a Tempada 2025/26, unha indumentaria branquiazul que conta co patrocinio principal de SANTIAGO EN VIVO.

A nova camiseta do Compos, da marca Adidas, mantén o predominio do branco e azul, cun formato diagonal que se potencia cos detalles en negro. Unha indumentaria que leva a cidade moi presente, coa cuncha do Camiño no peito e co patrocinio de SANTIAGO EN VIVO no frontal. Ademais, na parte traseira, conta tamén co patrocinio doutra empresa compostelá: VIMBIO CORP.

A indumentaria branquiazul para a Tempada 25/26 estará á venta a partir deste mércores 23 de xullo. A camiseta do Compos poderase mercar na Tenda Oficial da SD Compostela (Rúa da Raíña, 8), así como na Tenda Online: Accede á Tenda Online do Compos.

Ademais, como novidade, este mércores tamén se poderá mercar no Estadio Vero Boquete de San Lázaro, con motivo do amigable contra o Deportivo.

O prezo da equipación é de 64,95€, recordando que os abonados do Compos contan cun 10% de desconto sobre este prezo.

 

Presentación no Pazo de Raxoi.

Esta mañá, a nova camiseta do Compos foi presentada no Pazo de Raxoi coa presenza da corporación municipal e dos patrocinadores principais. Un acto especial para anunciar unha camiseta especial. Ademais, o encontro serviu tamén para destacar o amigable de mañá contra o Deportivo, encadrado nas Festas do Apóstolo e en beneficio de Asanog Galicia, tamén presentes.

 

Sobre SANTIAGO EN VIVO.

SANTIAGO EN VIVO, un proxecto do Grupo Fisela, trátase dun evento dinámico que se constrúe coa participación de toda a comunidade e está aberto ás propostas de todos aqueles que queiran implicarse e valorar os seus proxectos.

Un proxecto global, que vai máis aló dun simple evento (celebrado o pasado mes de xuño) e que ten por obxectivo que Santiago de Compostela recupere o seu lugar como epicentro da vida, a innovación e o dinamismo en Galicia. Por iso, levan a cabo accións como o patrocinio da camiseta do Compos.

Unha marca que quere transformar a nosa cidade con propostas que sorprendan, ilusionen e mobilicen.

 

Sobre VIMBIO CORP.

VIMBIO CORP é unha empresa compostelá que impulsa a innovación, a tecnoloxía e a sustentabilidade. As súas marcas en iluminación, saúde, tecnoloxía e comunicación crean solucións flexibles e personalizadas que melloran a contorna e xeran un impacto positivo na sociedade.

Unha marca creada neste 2025, que nace da fusión entre Moonoff e Niucom, para impulsar e fortalecer o seu crecemento en Europa.

Con esta unión, a corporación contempla unha carteira de servizos que inclúen iluminación, saúde, tecnoloxía e telefonía.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 CORUXO F.C. 🏟️ O Vao🕔 17:00 horas🎟️ 15€ - Xeral | Gratis - Menores ata 14 anos📺 En Xogo 🙌 Todos xuntos, para saír adiante! 📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🧐 Preparados para mañá!💪🏟️ Concentrados e mentalizados para sumar de 3⃣ no Vao 📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.