O Compos conquista o IX Memorial Antonio Bermúdez

23 de Agosto de 2025
Os xogadores do Compos posan co trofeo do IX Memorial Antonio Bermúdez.
Quico, tras anotar o seu primeiro tanto coa camiseta branquiazul.
Os xogadores do Compos celebran un dos goles de Porrúa.
Diego Uzal, capitán do Compos, recollendo o trofeo do IX Memorial Antonio Bermúdez.
  • O Compos superou por 3-2 á Sarriana na última proba no Vero Boquete

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2025

A pretempada está a chegar ao seu fin e o Compos mellora sensacións. Os nosos conquistaron o IX Memorial Antonio Bermúdez tras superar por 3-2 á Sarriana, rival de categoría superior, no Vero Boquete.

Un encontro especial e emotivo, co que lembramos a figura do que foi directivo do Compos e un dos principais xornalistas deportivos da cidade.

Unha tarde que terminou da mellor maneira no aspecto deportivo, e é que na última proba da pretempada na casa, o Compos deixou moi boas sensacións.

Na primeira parte, e despois de que os lucenses se adiantasen no marcador, Quico puxo o empate, de cabeza, á saída dun córner.

Xa na segunda, cun once totalmente renovado, os nosos deron un paso adiante e adiantáronse no marcador cun tanto de Porrúa, tras un gran contragolpe. Empataría a Sarriana nun erro en saída de balón, pero, de novo Porrúa, selaría o 3-2, aproveitando o rexeite dun penalti, lanzado por Antón Guisande, que repelera o porteiro visitante.

Deste xeito, o Compos conquistou por terceira ocasión o Memorial Antonio Bermúdez.

FICHA TÉCNICA

3 – SD COMPOSTELA: A. Cobo (Graumann, min.46); Valín (Turby, min.71), Quico, Damián N. (Zuba, min.46), Aarón M. (Diego Rguez., min.46); Mateo (Trasi, min.46), Diego Uzal, Samu (Goris, min.46); A. Armental (Porrúa, min.46), J. Cañizares (A. Guisande, min.46) e Carlos López (Maceira, min.46).

2 – SD SARRIANA: Fernando; Sidney, Nacho, Maxi, Freire; Iago, Juv, Dmytro, William; Boedo e Edu. Tamén xogaron: Arona, Jacobo, Santi Gegunde, Martín, Iker, Noah, Guitián, Rai e Antón.

GOLES: 0-1: Boedo, min.10; 1-1: Quico, min.37; 2-1: Porrúa, min.54; 2-2: Guitián, min.80; 3-2: Porrúa, min.84.

ÁRBITRO: Raúl García (Santiago). Amoestou a Goris, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). IX Memorial Antonio Bermúdez.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.