A SD Compostela lanza o Club de Negocios Compostela

10 de Decembro de 2025
O Club de Negocios Compostela é unha nova plataforma que busca crear sinerxias entre as empresas asociadas ao Compos.
O Compos lanza, en colaboración con Casal e Cotón, unha camiseta solidaria a favor de Stop Leucemia.
Un momento da presentación na nova Oficina de Empresas do Banco Santander.
Presentación de Miguel Fernández, xerente da SD Compostela, do Club de Negocios Compostela.
  • Este novo espazo, co impulso do Banco Santander, fortalece a comunidade empresarial do Compos, creando sinerxías entre compañías

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2025

A SD Compostela presentou esta tarde na nova Oficina de Empresas do Banco Santander o Club de Negocios Compostela, unha nova plataforma que busca reunir ás empresas asociadas ao club, fortalecendo a comunidade empresarial e creando sinerxías entre elas.

O Club de Negocios Compostela nace como un lugar de encontro, no que as compañías vinculadas ao proxecto do Compos poidan atopar relacións de valor, acceder a experiencias exclusivas e formar parte dunha rede que conecte talento, iniciativas e arraigo local.

Unha plataforma empresarial da que formarán parte empresas comprometidas co progreso e a cooperación, todas elas relacionadas coa SD Compostela.

 

Camiseta solidaria en favor de Stop Leucemia.

Este primeiro evento do Club de Negocios Compostela aproveitouse tamén para presentar unha nova camiseta solidaria que lanza o club, coa colaboración de Casal e Cotón, a favor da fundación Stop Leucemia.

Trátase dunha camiseta pre match solidaria que estrearemos no quecemento do partido contra a UD Somozas e que estará á venda ao público na nosa Tenda Oficial a partir do 20 de decembro.

Terá un prezo de 55€ e coa súa compra, ademais de colaborar con esta causa, cada persoa levará de agasallo unha caixa de Suspiros do Apóstolo, valorada en oito euros.

Esta acción enmárcase dentro da campaña “Regala Ciencia”, da Fundación Stop Leucemia: https://fundacionstopleucemia.é/regala-ciencia/.

Ademais de Casal e Cotón e Stop Leucemia, tamén colaboran nesta iniciativa solidaria Fútbol Emotion e o noso patrocinador principal Santiago en VIGO.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Semana de derbi! 💪Os nosos inician mañá os adestramentos para preparar o encontro deste sábado, na nosa casa, contra o Bergantiños#composbergan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 FINAALDeportivo Alavés B 1️⃣-1️⃣ COMPOSValioso punto dos nosos nun campo tremendamente complicado🤯🖐️Edu Sousa foi clave parando un penalti co partido 1-1 no treito final🔜🩵🤍 A vindeira semana agardamos por todos vós para recibir ao Bergantiños #minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS 11👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Deportivo Alavés B#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🐈, Iago DomínguezMoitos parabéns, Iago!! 🩵🤍Que o poidamos celebrar cunha +3⃣ esta mañá en Vitoria! 📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Deportivo Alavés B🏟️ Ibaia 3🕛 12:00 horas🎟️ 10€❌📺 🙌 A recuperar a senda do triunfo en Vitoria!📸 @nacho_castano_#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.