Analizamos ó rival do Compostela na 9ª xornada: Así é o Burgos C.F

16 de Outubro de 2015

burgos - composO Burgos é outro dos chamados “histórico” do fútbol español, que actualmente milita na división de bronce, tras unha longa e dilatada traxectoria en 1ª e 2ª división. Fundado no ano 1922, non logrou consolidarse en 2ª división ata a década dos 50. En 1964 construiuse o Estadio Municipal O Plantío, que é onde actualmente xoga o Burgos. Na década dos 70  é cando o Burgos vive a súa etapa dourada, militando en 1ª división durante catro tempadas, contando con Juanito como líder e emblema daquel equipo.

Logo daqueles anos de gloria, chegaron os descensos, as decepcións, a crise sobre o club acentuouse ata o punto de que estivo a piques de desaparecer. Na actualidade, o club castelán preséntase como un dos equipos de maior potencial no Grupo I da Segunda División B.

Actualmente é undécimo na clasificación con tres vitorias, dous empates e tres derrotas. Con esta bagaxe, o Burgos C.F. recibirá este domingo á S.D. Compostela no Plantío; un campo que os santiagueses visitarán coa idea de mudar a súa actual situación. No Plantío os homes de Iñaki Alonso buscarán o primeiro triunfo a domicilio.

O partido será dirixido polo colexiado D. Hugo José López Porta, do Comité Territorial Madrileño.

Para aqueles afeccionados que queiran desprazarse a Burgos, o prezo das localidades é o seguinte:
Tribuna: 20€
Lateral e Fondos: 15€
Ata 14 anos: 5€ en Fondos e 7€ en Tribuna

Youtube

Instagram Compos

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Jordan Sánchez volve á súa casa para cabalgar a banda do Vero Boquete ⚽️ O defensor, tras dez tempadas na Segunda B e Primeira Federación, vivirá a súa segunda etapa no Compos, onde xogou 100 partidos en tres cursos e medioℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/14/jordan-sanchez-regreso-compos-26-27/#benvidojordan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Mario Hermo está de volta na SD Compostela ⚽️ Tras dous cursos no Deportivo, cun título de División de Honra e un ascenso á Primeira Federación, o noso canteirán seguirá medrando no Compos, contribuíndo con esforzo, ambición e calidadeℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/14/mario-hermo-fichaxe-compos-26-27/#benvidomariohermo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Manu Rivas regresa ao Compos ⚽️ O noso canteirán, tras debutar na Primeira Federación, volve ao club para aportar o seu traballo, poderío físico e profundidade ofensiva pola banda esquerdaℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/14/manu-rivas-fichaxe-sd-compostela/📸 Nacho Castaño#benvidomanurivas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
Jorge Maceira e Aarón Martínez non seguirán na SD Compostela👉 O club agradécelle a ambos o seu labor esta pasada tempada, axudando a conseguir o desexado ascensoMoita sorte para o futuro!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🙌 ÚLTIMAS 7⃣0⃣ ENTRADAS PARA PREFERENCIA!!!🏟️ Abrimos xa a venta para Fondo Norte!📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/📸 Nacho Castaño#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.