O canteirán Ander Bellido volve á SD

1 de Xullo de 2016
IMG_20160630_221309
Ander Bellido, canteirán da SD.

Santiago de Compostela, a 1 de Xullo de 2016

Ander Bellido Echevarrieta (07/02/96) canteirán da SD Compostela de 20 anos, que foi cedido o curso pasado ao Estudiantil da Preferente Norte, regresa ao Compos para poñerse ás ordes de Yago Iglesias, tras asinar por un ano coa SD, na tarde de onte.

O canteirán, fillo de Javier Bellido, central da SD na súa etapa na Primeira Divisón Española, pode actuar, ben de defensa central, a súa posición natural, ou ben de mediocentro defensivo.

Co Estudiantil, Ander Bellido xogou un total de 29 partidos, 23 deles de titular, sendo unha das pezas chaves na salvación do conxunto santiagués.

Con esta incorporación, son nove os xogadores que xa conforman o primeiro plantel da SD Compostela para este novo curso. Unha cifra que se aumentará nas próximas horas, xa que tanto Yago Iglesias, como a comisión deportiva, están a traballar arreo para pechar o equipo canto antes.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🔚 FINAALDeportivo Alavés B 1️⃣-1️⃣ COMPOSValioso punto dos nosos nun campo tremendamente complicado🤯🖐️Edu Sousa foi clave parando un penalti co partido 1-1 no treito final🔜🩵🤍 A vindeira semana agardamos por todos vós para recibir ao Bergantiños #minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS 11👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Deportivo Alavés B#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🐈, Iago DomínguezMoitos parabéns, Iago!! 🩵🤍Que o poidamos celebrar cunha +3⃣ esta mañá en Vitoria! 📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Deportivo Alavés B🏟️ Ibaia 3🕛 12:00 horas🎟️ 10€❌📺 🙌 A recuperar a senda do triunfo en Vitoria!📸 @nacho_castano_#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Deportivo Alavés B👉 Os nosos para o encontro de mañá ás 12:00 horas en Vitoria! Regresan á convocatoria tralas súas lesións Ces Cotos e Armental#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.