Aterrizados na capital

13 de Setembro de 2016
  • Cardeñosa e Manu Cedrón foron presentados na sede da empresa de roupa situada no Centro Comercial As Cancelas.

Santiago de Compostela, a 13 de Setembro de 2016.

A pesar de non comezar con moi bo pé, Manu Cedrón e Cardeñosa pretenden, como así o dixeron, reverter a situación que viven actualmente. Un porque Lucas gañoulle o posto e o outro por lesión, viron os primeiros partidos da tempada desde a bancada e o banco, pero pronto agardan facelo desde o terreo de xogo, para participar nos logros, que xogadores, corpo técnico, directivos e empresas colaboradoras agardan lograr.

Unha delas, Kilarny, foi a encargada de recibir aos dous xogadores da SD para que se presentasen diante dos medios. Na devandita presentación, a súa encargada, Elvira Martínez, afirmou que despois de instalarse en Santiago de Compostela, “apostar polo deporte local pareceunos o máis acertado, polo que decidimos comezar a colaboración cun equipo como o Compos, do que esperemos cheguen a cotas máis altas”.

Nese futuro, Ramón Castro, en nome do club, agarda que Kilarny estea presente, xa que “é unha das primeiras empresas de patrocinio” desta tempada. Ademais, dentro desa aposta polo club, a empresa pon en marcha unha campaña de descontos para todos os simpatizantes da SD Compostela.

Cardeñosa

O primeiro en falar foi Cardeñosa. O central, que cumpre 30 anos para a semana que vén, cre que “este non é cumio da miña carreira, pero para min si que é un orgullo que con esta idade poida vestir as cores da SD Compostela”, asegura.

A pesar de que tiña avanzados contactos con outros clubs, “cando recibín a proposta do Compos, solucionámolo en dous días”. A Cardeñosa foille fácil apostar por este proxecto “por instalacións, entidade, proposta de xogo e o adestrador”, comenta.

Dentro del, o central, que chega do Arousa, é un dos cinco veteranos dentro dun grupo cheo de xente nova con moita marxe de mellora. “Temos moito que mellorar, pero por resultados e sensacións o comezo foi moi bo, a excepción do primeiro partido”.

A nivel persoal, logo dun ano no que as lesións foron un calvario, o central pretendía reverter a situación esta tempada, pero a mesma non empezou como quería. “Un dos meus obxectivos era ter continuidade, pero parece que comecei con mala sorte”. Aínda así, para esta semana ou a seguinte espera estar ás ordes de Yago Iglesias.

Manu Cedrón

Pola súa banda, o porteiro lucense que o curso pasado estaba no Somozas, onde non xogou demasiado, espera “ter máis oportunidades e máis minutos para ser máis importante e conseguir as miñas metas, que son xogar en categorías maiores”, afirma.

O porteiro cre que encaixou na proposta do técnico xa que, do mesmo xeito que Lucas, “somos porteiros que sacamos ben o balón xogado e de estar adiantados coa liña”.

Co seu compañeiro o trato é moi bo, xa que “ao final é co que máis tempo paso”. Ademais, segundo el, a diferenza entre ambos está en que “el vai mellor por alto e eu son máis rápido debaixo dos paus”.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.