Dúas vitorias, dous empates e unha derrota

20 de Setembro de 2016

resultados_base

  • O cadete e o infantil A foron os triunfadores do fin de semana.

Santiago de Compostela, a 20 de Setembro de 2016.

Tras unha mala xornada, na que o Cadete fora o único equipo que gañou, as categorías inferiores da SD Compostela recuperan a boa dinámica, nunha fin de semana na que houbo dous triunfos, dous empates e unha derrota.

Os xuvenís de Liga Nacional seguen sen coñecer a vitoria. Os pupilos de Vecho, empataron na súa visita ao campo dos Escolapios para enfrontarse ao Calasancio. Tras a súa derrota contra o Coruxo na primeira xornada de Liga, o xuvenil suma un punto tras igualar a un gol, nun partido no que se puxeron por diante cedo.

No minuto 15 da primeira parte, José Ricardo Loureiro anotaba o gol do Compos. Con todo, xa na segunda parte, Santiago Real poñía as táboas no marcador, evitando así a primeira vitoria dos santiagueses.

Pola súa banda, o Xuvenil B poñía a nota negativa da xornada. A pesar de que xogaba en casa, caeu derrotado contra un Conxo B que foi moi superior durante todo o partido.

Con dobrete de Jorge Salgado e outro gol de Manuel González, o Conxo púxose 0-3, facendo inútil o gol de Anxo Agra no 81.

En canto ao cadete, segue o seu bo ritmo e suma a súa terceira vitoria da tempada en tres partidos, esta vez contra o Amio. O Compos gañou por un gol a tres con goles de Alejandro Outeiral, Ignacio Pereiro e Juan Mallo. Con esta vitoria, o equipo branquiazul ascende á cabeza da táboa, empatado con outros catro equipos.

O segundo triunfo do fin de semana chegou do Infantil A. Os goles de Iago Fernández e Adrián Álvarez foron suficientes para lograr a vitoria por 0-2 e situarse sétimo na clasificación.

Por último, o Infantil B empatou a cero contra o Cacheiras, no seu debut na Segunda Autonómica Infantil.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 days ago

SD Compostela
Feliz Día das #LetrasGalegas2025Unha lingua, unha cultura e unha identidade propias que nos identifican 🩵🤍Este ano está dedicado ás cantareiras, e por iso queremos compartir a serie documental 'Se canto é porque quero' da Real Academia Galega 🎥 academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-1730767 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 days ago

SD Compostela
BONOS CORAZÓN COMPOSTELA 2025 🩵🤍👉 Mañá, ás 9.30 horas, ábrese o prazo para adquirir os Bonos Corazón🙌 Poderás utilizalos na nosa TENDA OFICIALCada persoa pode descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído), cofinanciados nun 40% polo Pazo de Raxoi Dispoñibles ata o 16 de xuño ou ata esgotar o saldo➕ℹ️ en bonoscorazoncompostela.gal#tendaoficialcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.