A SD segue gañando en San Lázaro

26 de Setembro de 2016

mitogo-as-pontes

  • Un gol de Diego Rey no 84 certificou a vitoria do cadro santiagués ante o As Pontes.

Santiago de Compostela, a 26 de Setembro de 2016.

Gol no 84 e tres puntos máis para o saco. Con ese sufrimento, a SD logrou a súa terceira vitoria en Liga, a terceira no seu feudo, onde está imbatido desde que comezou o campionato.

A pesar de que polo visto na primeira parte, o partido parecía sinxelo, o gran traballo do As Pontes no segundo tempo provocou que o encontro non se decantase para o cadro compostelán ata os últimos minutos.

Nesa primeira parte, o Compos saíu dubitativo, sobre todo en defensa, pero co paso dos minutos asentouse no choque e foi o claro dominador do mesmo, manexando o balón de banda a banda, aproveitando un once no que destacaba a presenza de catro xogadores de corte moi ofensivo, Diego Rey, Martín, Mitogo e Santi.

Aproveitando ese desconcerto local inicial, sería Ibu, o mellor do As Pontes con diferenza, quen poñería por diante aos seus.

Primeiro marrou un man a man, tras claro erro da defensa, pero que liquidou Lucas aguantando á perfección. Con todo, no córner desa xogada, o propio Ibu levantábase por encima de toda a defensa e anotaba o primeiro para os seus.

Con todo, este sería o punto de inflexión para o Compos, xa que tres minutos máis tarde empataba por mediación dun ex do As Pontes, Santi Gegunde.

Esta vez, o erro foi dun defensa visitante, Prieto, quen se entretivo co balón, terminándoo por perder ante Santi, o que lle permitiu ao dianteiro encarar ao porteiro e batelo por baixo.

Tras o gol, chegaron moi bos minutos da SD. O As Pontes, a diferenza dos anteriores conxuntos que viñeron a San Lázaro, encerrouse atrás, pero isto non xerou problema algún ao ataque local, que atopou vías de escape para chegar á portería.

Foron 30 minutos nos que o As Pontes apenas pasou do seu campo, mentres que a SD lograba perigosos achegamentos. A máis clara, unha xogada na que Saro remontou a liña de fondo, chegou a altura da área pequena, centrou raso e forte, pero o  coiro que petou nas pernas dun rival, foi sacado polo mesmo, na mesma liña de gol.

Tamén marrou unha moi clara, Santi, no 37, cando o seu remate no segundo pau foi sacado pola defensa diante da liña.

Porén, foise ao descanso co marcador empatado e á volta, pese ao que se podía presaxiar, as tornas do encontro mudaron por completo. Os visitantes saíron moi metidos e nos primeiros minutos contaron con varias ocasións. Un tiro que se foi cerca do poste, dous córner seguidos con moito perigo e un remate de cabeza de Ibu que se lle foi arriba.

Yago tentaba reaccionar cos cambios, pero o partido rachouse e aí desapareceu o equipo. Carreira para un lado e carreira para o outro, 25 minutos nos que as defensas souberon frear as chegadas duns dianteiros que se encontraban moi sos.

O cambio de rumbo produciuse coa entrada de Rubén, no minuto 80. O xogador arousán refrescou un ataque que estaba moi canso. O equipo comezou a combinar máis e en tres minutos lograron o que non foran capaces en 35, un córner a favor.

Este foi sacado pola defensa sen aparentes problemas, pero o seu rexeite caeu nos pes de Julián na zona de tres cuartos, quen colgaba o balón ao segundo pau, para entrada de Mon. Este, sen que caese o coiro, deulle de primeiras, nun centro chut que atravesou a área pequena e que aproveitou Diego Rey para empuxala á rede. Un soberbio golazo que provocou o delirio na grada, aínda que houbo tempo para sufrir.

Xa co tempo cumprido, Ibu volvía a ter unha ocasión moi clara. Pablo Ramos chegou ata liña de fondo, centrou, e tras varios rexeites de cabeza, o balón caeu, precisamente, na cabeza de Ibu, quen remataba ao longueiro.

Foi a última ocasión do encontro, a que puxo fin a 90 minutos de sufrimento que valeron a pena, porque os tres puntos quedaron na casa, mantendo a imbatibilidade en San Lázaro.

Tres máis e xa son 10, os puntos que suma a SD na temporada. A promoción está a tan só un e para a semana toca visitar ao Dubra, quen navega nos postos baixos da clasificación.

FICHA TÉCNICA

2- Compostela: Lucas; Saro, David Rey, Taboada, Mon; Samu (Make, min 73); Martín (Rubén, min 80), Julián, Mitogo (Tomás, min 53), Diego Rey; e Santi Gegunde.

1- As Pontes: Paco; Sergio, Prieto, Callón, Buyo; Edi, Rubio (Cristian, min 87); Pablo Ramos, Álvaro (David González, min 45), Rubén Pardo; e Ibu.

Goles: 0-1, min.14: Ibu; 1-1, min.16: Santi Gegunde; 2-1, min.83: Diego Rey.

Árbitro: Davila Fernández, colexio vigués. Sacó cartón marelo aos locais Mon, Taboada e Santi Gegunde, e aos visitantes Álvaro e Ibu.

Incidencias: Partido disputado no Estadio Municipal de San Lázaro ante 800 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.