A primeira tenda oficial da historia do Compos xa é unha realidade

4 de Outubro de 2016
20161004_120003_richtonehdr
Ramón Castro, Antonio Quinteiro, Gonzalo Sanmartín, encargado da tenda Reizentolo da rúa do Vilar, e Javier Puñal.
  • A tenda da rúa do Vilar 43, será unha casa para todos os compostelanistas.

Santiago de Compostela, a 4 de Outubro de 2016.

O 4 de outubro de 2016 quedará marcado na historia da SD Compostela como aquel día no que se inaugurou a primeira tenda oficial da entidade. Unha data que rememorará un feito histórico no club da capital de Galicia.

Desde que chegou á presidencia da SD Compostela no 2011, un dos desexos de Antonio Quinteiro era “contar cun punto neurálxico para o club”, un lugar que acada neste sexto ano “grazas á colaboración de Reizentolo”.

A partir de agora, a tenda de Rúa do Vilar será “unha casa para todos os compostelanistas”. Un fogar no que atoparán “toda a roupa de equipo que visten os xogadores da SD e tamén os membros da canteira”.

Todo o merchandising do equipo estará nun córner especial, aínda que Pablo Rodríguez, un dos socios fundadores da empresa galega, quixo recalcar que “máis que un córner, é unha media área”.

Será unha zona especial coa que a entidade compostelana intentará, en palabras do seu director de marketing, Javier Puñal, “crecer e dinamizar”. Este impulso queren logralo, “introducíndonos na canle souvenir, a canle do peregrino, a canle internacional do club”.

Isto será posible grazas á sinerxia “cunha marca galega de recoñecido prestixio e de liña vanguardista”, tal e como a definiu Javier Puñal. Unha mistura que funciona perfectamente na tenda Reizentolo, xa que según o seu fundador, “consideramos que as nosas tendas deberían ter algo máis, elementos dinamizadores que as diferencie e aporten os valores da nosa marca”.

Uns valores que conxugan cun club deportivo como o Compostela, polo que Pablo Rodríguez espera “ir medrando xuntos e que a colaboración dure no tempo”.

Por último, Javier Puñal quixo facer unha mención especial a “mascreativos, pola axuda co deseño da tenda, laucreaciones coa colocación dos vinilos e, evidentemente, a Reizentolo, polo esforzo que fixo polo club”.

A partir de agora, como compostelanistas, a tenda da rúa do Vilar 43 será a nosa segunda casa. Un punto de reunión para todos os nosos seguidores, que día tras días nos apoiades. A historia da SD Compostela chantou un punto máis nela.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.