Gran xornada para os xuvenís, o Infantil A e o Alevín A

25 de Outubro de 2016

Santiago de Compostela, a 25 de Outubro de 2016.

Á oitava foi a vencida. Despois de sete xornadas de sufrimento, na que os resultados non daban chegado, o Compos xuvenil de Liga Nacional logrou o pasado sábado a primeira vitoria da tempada.

O triunfo logrouse na casa e ante o rival máis duro da categoría, un Celta B que só perdera dous puntos en toda a liga e que transitaba líder con certa folgura.

Con todo, os de Vecho sacaron a súa garra para defender con unllas e dentes un partido que se lle puxo de fronte nos primeiros minutos. Concretamente, foi no 15, cando Borja Míguez superaba a Martín, porteiro céltico. Ese gol foi suficiente, a diferenza de anteriores citas, para lograr o primeiro triunfo do curso que sitúa ao equipo décimo sexto con seis, empatado co Ourense.

Na busca dun novo triunfo, enfrontaranse esta fin de semana ao cuarto clasificado, o Pontevedra.

Do mesmo xeito, o xuvenil B mantivo as boas novas nesta categoría, xa que sumou outra xornada máis, esta vez cunha traballada vitoria no campo de Cadreche.

Os xuvenís santiagueses comezaron perdendo contra o Puebla, pero cos dous goles de Daniel Abeijón e o tanto de Gonzalo Pampín remontarían o choque. Despois, os locais recurtarían distancias, pero de novo Daniel pechaba o marcador no 77, para o 2-4 final.

O equipo suma xa catro xornadas sen coñecer a derrota, o que lle fai ascender ata o duodécimo posto. Tentarán manter a xeira, esta fin de semana contra o Villestro, oitavo con trece puntos.

En canto ao cadete, perdeu ante o líder, o Sporting Estrada, por catro goles a un, tanto anotado por Raúl García no 52. O equipo está undécimo e xogará o próximo partido contra o Callobre CF na casa.

Precisamente contra o Callobre CF xogou o Infantil A, que acadou un novo triunfo nun campo tan compricado como o da Estrada.

A pesar de que os locais se adiantaron no marcador, os santiagueses remontaron grazas ao dobrete de Gerardo Lago. Tres puntos máis que lle permiten seguir a un punto do líder da categoría, o Amio SD.

Outra xornada máis, buscarán arrebatarlle o primeiro posto gañando ao Bertamiráns CF na casa.

Pola contra, o Infantil B sucumbiu ante o Milladoiro SD por 3-2 e descende ao sétimo posto da táboa.

Nun partido no que sempre foron a remolque, o gol de Xaime Paz e o de Edgar Vila en propia porta foron insuficientes.

Tras dúas derrotas consecutivas, tentarán paliar a situación cunha vitoria ante o Bertamiráns CF esta fin de semana.

Outro que prosegue coa súa gran andaina é o Alevín A, que sumou unha nova vitoria e xa está terceiro.

No Campo de Santa Isabel, ás 9:30 da mañá, os branquiazuis superaron ao AD Burgo dás Nacións por 4-2, mercé aos goles de Rubén Sande, Abril Pazos e o dobrete de Alejandro Dopazo, convocado esta semana para acudir á convocatoria da selección sub-12 de Santiago.

Por último, tanto o Alevín B como o Benxamín perderon por 6-1 e 4-1, respectivamente, ante o CD Conxo. Décimos e undécimos, xogarán contra o Atlético Fátima e o Vitoria CF esta finde, tentando escalar posicións.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, de novo todos xuntos, a pola vitoria🤝 Patrocinado por Limpiezas Salgado ⚽️ 𝐗𝟑𝟏🆚 Atl. Coruña Montañeros 🕕 18:00🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🫂 Unha invitación para cada abonado (só online)#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso canteirán, Goris 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬!! Felices de terte de novo sobre o verde e a por moitos éxitos, xuntos!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Seguimos! Volta ao traballo para preparar un novo partido moi importante👉 Desde xa, a polo seguinte obxectivo!#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos recupera o liderado tras un gran triunfo na Lomba, 0⃣-2⃣, cun Antón Guisande, que firmou un dobrete, estelar🫂 Desprazamento masivo de afeccionados do Compos que non pararon de animar👉 sdcompostela.com/gl/2026/04/12/compos-recupera-liderado-guisande/📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ Valoración do noso adestrador trala gran vitoria na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.