A primeira está preto

19 de Novembro de 2016

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/OAhCsbxBKXA” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 19 de Novembro de 2016.

Despois dun cuarto de Liga, unha sensación está clara na SD Compostela. A primeira vitoria fóra de casa parece máis preto que nunca. A pesar de que no último mes o equipo non gañou, tal e como reflicte Yago Iglesias, “se vemos o vaso medio cheo, levamos dous partidos sen perder e sen encaixar gol”.

Despois dun valioso empate ante un rival de entidade, como o Arosa, o Compos visitará a un Villalonga que transita tamén nos postos medios da clasificación. Un conxunto que, a pesar de non ser moi regular na casa, polo seu poderío físico failles ser un rival moi complicado de bater.

“É un bloque moi compacto, un equipo que fai moi boas transicións, con xente moi rápida arriba e defensivamente está moi ben armado”, explica Yago Igrexas.

Estas características pódenlles beneficiar ao conxunto do Salnés ante unha climatoloxía que pinta adversa. “A ver como lle afecta a choiva ao céspede. Esperemos polo menos poder xogar polo chan”, comenta o técnico santiagués.

Contra todas estas posibles adversidades, o Compos buscará a vitoria. Para iso, contará, por primeira vez na tempada, coa súa nova fichaxe, Recoba, ao que lle chegou o transfer esta semana. En palabras de Yago, Recoba “ten que coller ritmo de competición para axustarse aos compañeiros”. O mediocentro, pola súa polivalencia, “dános moitas variantes para facer onces, axudando moito na parcela ofensiva”.

Estas posibilidades xa puideron ser preparadas polo técnico no amigable do mércores contra a selección galega sub18, o cal serviu para preparar con carga de minutos o encontro deste domingo, ademais de probar novas variantes no once. Foi unha proba máis para lograr un dos claros obxectivos a curto prazo, lograr o primeiro triunfo lonxe de San Lázaro.

CONVOCATORIA

Lucas, Manu Cedrón, Saro, Ander, David Rey, Cardeñosa, Cabrejo, Mon, Julián, Make, Tomás, Recoba, Rubén, Martín, Mitogo e David Nogueira.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.