Xornada de resultados dispares para as categorías inferiores

29 de Novembro de 2016

Santiago de Compostela, a 29 de Novembro de 2016.

Coas competicións alcanzando o primeiro cuarto da tempada, os bos resultados parecen manterse de forma máis regular dentro das categorías da base compostelá. A pesar de que tres equipos perderon os seus partidos, outros tantos sumaron os tres puntos, e outros dous empataron.

Precisamente, os dous que sumaron un punto foron os conxuntos xuvenís, ambos contra duros rivais que estaban moi ben clasificados nas súas respectivas Ligas.

En primeiro lugar, o xuvenil de Liga Nacional mantivo a súa boa serie de tres partidos sen coñecer a derrota, cun empate ante o Vitoria, segundo clasificado ata a data, no temible campo da Grela.

O marcador inicial non se moveu e o Compos ascende ao undécimo posto, lugar que tentarán conservar este domingo, ás 12:15 nas Cancelas, ante outro duro conxunto, o Deportivo B, segundo clasificado tras esta xornada.

Pola súa banda, o Xuvenil B sumou tamén un importante punto en casa ante o Xuventú Aguiño. De feito, os branquiazuis conseguiron poñerse por diante no marcador no minuto 51 co tanto de Gonzalo Pampín, pero nos instantes finais, os visitantes igualarían o choque.

O próximo rival será o Val do Ulla, oitavo clasificado, o sábado ás 19:00 no campo de O Coto.

Quen non puido sumar algún punto foi o Cadete, que sucumbiu por 3-1 ante o Santiago de Compostela, e iso que se puxeron por diante no marcador no minuto 6 co tanto de Rodrigo Guada. Con todo, os locais remontaron e o triunfo quedou na casa.

Agora tocaralles afrontar outro duro partido ante o Vitoria CF, o domingo ás 11:15, co que tentarán volver á senda do triunfo.

A segunda derrota da fin de semana correu a cargo do Infantil A, que se viu sorprendido polo Dubra SD. Os locais saíron moi enchufados, sorprendendo aos branquiazuis cun 3-0 inicial, que a pesar dos goles posteriores de Adrián Álvarez e Alejandro Parga, permitiulles asegurarse o triunfo.

Este mal resultado tentarán esquecelo pronto cun triunfo ante a SD Villestro, o sábado ás 9:30 no Municipal de Sergas.

Nesta mesma categoría, o equipo B si sumou os tres puntos, grazas á súa vitoria por tres goles a cero ante o Cordeiro Cf. Os tantos de Xaime Paz, Yago Lois e David Porto permiten ao equipo santiagués ascender ata o quinto posto da clasificación, igualando precisamente con este rival.

Do mesmo xeito, eses 17 puntos que suma o Compos tamén os ten o Ulla Pontecesures, rival do conxunto branquiazul este sábado ás 11 no campo Ramón Dieguez.

Nun chanzo inferior en canto a idade, o Alevín A desquitouse das súas últimas dúas derrotas consecutivas cunha ampla goleada ante a SD Cacheiras. En total foron dezanove goles a favor, cun hat trick de Yago Lois; dobretes de David Porto, Mateo Barros, Alejandro Dopazo, Rubén Sande, Héctor Veiga, Iván Vilaseco e Pablo López; e un tanto de Óscar García e Anxo Lorenzo.

Con este resultado colócanse quintos. Para a semana mediranse ao SR Calo, o sábado ás 11:30 en Santa Isabel.

Tamén sumou os tres puntos o equipo B, despois de superar á SD Villestro por dous goles a tres. Os tantos anotados polo Compos foron obra de Etien Pignol, que suma xa sete noutros tantos partidos.

A fin de semana próxima o rival será o Santiago de Compostela, o sábado ás 13:30 no Municipal de Santa Isabel.

E no que respecta aos máis pequenos da base, o Benxamín, perderon por 0-6 ante o líder invicto, o Xuventude Oroso. Este resultado tentarán deixalo atrás o sábado ás 14:30 en Santa Isabel contra a Escola Deportiva Santiago.

Por último citar que unha semana máis, Aitor Fernández foi convocado coa selección galega sub18 para o partido que xogarán ante o Ribadumia, o mércores ás 20:15; mentres que David Porto e Pablo López farán o propio, ese mesmo día, coa selección de Santiago sub12, para o adestramento que terá lugar no Municipal da Barrosa ás 16:15.

En canto ás seleccións femininas, Abril Pazos, coa sub12, e Antía Gómez, coa sub15, están convocadas coas santiaguesas para os adestramentos que se realizarán o xoves ás 16:15 e 16:40, respectivamente, no Municipal da Barrosa.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ O primeiro derbi da tempada🙌🩵🤍 Oportunidade para repoñerse e volver conseguir unha vitoria na Liga𝐗𝟔🆚 CORUXO F.C. 🗓️ Domingo, 11/10🕔 17:00 horas🏟️ O Vao🎟️ 15€ Xeral | Gratis Menores de 14 anos📺 En Xogo #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Recargar pilas, recuperarse mentalmente e volta ao traballo para o primeiro derbi da tempada#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 CRÓNICAO Compos cae pola mínima en San Lázaro⚽️ Os nosos dispuxeron de boas ocasións para adiantarse no marcador, pero a falta de acerto permitiu ao Oviedo Vetusta levar os tres puntos📸 Ignacio Castaño Gómez#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composoviedovetustaO técnico do Compos analizou en sala de prensa a derrota na casa ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 1️⃣-2️⃣ Real Oviedo Cantera⚽️ Buba📸 Ignacio Castaño Gómez#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.