Tabaré Vázquez rende visita á SD Compostela

1 de Decembro de 2016
15288545_10209102033040493_8924716863895736990_o
Tabaré Vázquez, Alberto Núñez Feijóo e Antonio Quinteiro co plantel da SD Compostela. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 28 de Novembro de 2016

No marco da súa viaxe por Europa, o presidente de Uruguai, Tabaré Vázquez, non se quixo marchar sen antes visitar as instalacións da Sociedade Deportiva Compostela en San Lázaro.

Da man do presidente do club, Antonio Quinteiro, e do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o mandatario uruguaio cumpriu o soño do seu fillo maior, Álvaro, ao que se lle quedou a espiña cravada de non entrar nas instalacións da entidade santiaguesa cando realizou o Camiño de Santiago.

Por iso, o club sentiuse encantado de convidalos e recibilos en San Lázaro. Como agradecemento, Tabaré Vázquez foi nomeado socio de honra e recibiu unha camiseta co seu nome, asinada por todo o plantel.

Tabaré Vázquez presidira o Club Atlético Progreso de Montevideo e lembraba á SD Compostela polas súas tempadas en Primeira División, por recibir un dos goles máis míticos de Ronaldo na tempada 1996/97 e polo seu partido contra o Nacional de Montevideo, no centenario da entidade da capital uruguaia.

Antes disto, Vázquez atopouse cos xogadores no campo, ocasión que aproveitou para dirixirse á nova fichaxe do cadro santiagués, o uruguaio aficando en Santiago de Compostela, Gonzalo García “Recoba”. Ademais, tamén se atreveu a probar a Lucas, lanzándolle dous penaltis.

O mandatario uruguaio tamén se interesou por cuestións relativas á seguridade no estadio e ás esixencias sanitarias que este tiña que cumprir. Durante o traxecto ás oficinas do club, Vázquez tamén tivo a oportunidade de observar o campo de adestramento da SD Compostela.

Unha vez no salón de trofeos e tras un breve percorrido pola historia do club, o presidente, a súa esposa e o seu fillo maior recibiron os dous equipamentos que a SD Compostela viste esta tempada.

O encontro concluíu coa firma de Tabaré Vázquez no libro de visitas do equipo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🌟🪄 Que maneira de estrearse!Dani González marcou os primeiros goles coa camiseta compostelanista en partido oficial 🩵🤍⚽️ Un dobrete (+1⃣ asistencia) fundamental para conseguir os tres puntos na casa📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.