Buscando triunfar noutra superficie

3 de Decembro de 2016

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/U3DGNyAqVOg” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 3 de Decembro de 2016.

A Sociedade Deportiva Compostela, tras un mes de novembro no que non puido pasar do empate en ningún dos partidos, buscará romper coa súa xeira este domingo en Santa Mariña contra o CD Choco.

Para iso, o equipo santiagués terá que adaptarse a un terreo de xogo totalmente diferente ao de San Lázaro. O campo de Redondela é de herba artificial, factor que pretenden que non inflúa no desenrolo do partido.

Coñecendo esta circunstancia, o equipo adestrou esta semana dúas veces en Conxo, campo cunhas condicións similares ás do terreo do domingo, como así o explica Yago Iglesias. “As últimas semanas estamos a adestrar en Conxo, que por condicións e dimensións aseméllase ao que nos atoparemos alí, pero non debería afectarnos moito porque está en moi boas condicións”.

Ademais do campo, o Compos terá que superar a un rival que chega cunha moi boa dinámica, xa que conseguiu dúas vitorias consecutivas coas que saíu dos postos de descenso. “Sempre dixen que o Choco non é o que a clasificación di, o ano pasado participou no playoff de ascenso, e a pesar das tres baixas importantes que teñen respecto do curso pasado, o resto do bloque segue. Levan tempo xogando xuntos, saben ao que xogan e na súa casa son moi fortes”, comenta o técnico ribeirense.

A pesar do que a clasificación poida reflectir, Yago sabe que o nivel do rival non é o que a táboa poida marcar. “Atopémonos cun rival de playoff que nos provocará estar ao 200%”.

Un dos factores que máis estaban a afectar ao cadro rojillo para estar en tan mala posición era a falta de acerto, xeraban moitas oportunidades, pero non as materializaban. Con todo, para o partido deste domingo xa poderán contar de inicio coa súa gran referencia en ataque, o dianteiro centro Silva, que xa comezou a xogar uns minutos nos últimos partidos.

“Nesta boa dinámica conseguida inflúe moito a chegada dun xogador fundamental para eles como Silva, xa que é a súa referencia no ataque. Todo parece indicar que estará de inicio contra nós porque a semana pasada xa disputou minutos a moi bo nivel”, asegura o adestrador.

A pesar de todo isto, o Compos pretende superar todas as adversidades que se lle poidan expor, logrando así a primeira vitoria do curso fóra de San Lázaro, nun partido que será especial para Ube, que regresa á convocatoria despois de moito tempo.

A través dun xogo combinativo, cada vez máis perfeccionado, Yago e os seus buscarán sumar os triunfos que se lle resistiron tanto nas últimas semanas como en todos os encontros de visitantes. “Somos conscientes de que os números fóra de casa non son nada de bos e que debemos darlle a volta canto antes. Levamos catro partidos sen pasar do empate e estamos desexosos de sumar de tres en tres”, conclúe.

En Santa Mariña, adaptándose a outra superficie, o triunfo tan desexado poderá chegar.

CONVOCATORIA (Santa Mariña, Domingo 4 – 17h)

Lucas, Manu Cedrón, Saro, Cardeñosa, Taboada, Cabrejo, Mon, Make, Ube, Julián, Tomás, Recoba, Diego Rey, Rubén, Mitogo e David Nogueira.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

✍️🩵🤍 CRÓNICA O Compos asalta O Vao e logra o seu primeiro triunfo a domicilio da tempada ⚽ Os nosos fixeron un partido moi completo e conseguiron unha importante vitoria grazas a un penalti provocado e transformado por Buba📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Hoxe foi un gran día 😍 #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #CoruxoComposAnálise do adestrador do Compos despois da gran vitoria dos nosos no derbiO técnico valorou a importancia deste triunfo, as claves do encontro e as sensacións que lle deixou a vitoria no Vao ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCoruxo FC 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ BubaO DERBI É NOSO 🩵🤍TRES PUNTOS VITAIS NUN GRAN ENCONTRO 💪💪GRAZAS A TODOS POLO APOIO NO VAO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCORUXO F.C. 0️⃣-0️⃣ COMPOSBoa primeira parte dos nosos, apertando e roubando moitos balóns, pero sen conseguir acertar no último terzo📸 Nacho Castaño #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.