Quinto empate consecutivo

4 de Decembro de 2016
Foto: Amadeo Rey.
Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 4 de Decembro de 2016.

Unha xornada máis, a vitoria élle esquiva a un Compos que foi moi superior na primeira metade, pero que acabou sufrindo ante un Choco máis enteiro fisicamente.

En Santa Mariña, e ante un Choco en clara dinámica positiva, o Compos buscaba romper dúas dinámicas: a de non gañar lonxe de San Lázaro e a de catro empates consecutivos. Con todo, ambas manteranse unha semana máis.

De feito, o partido comezou, do mesmo xeito que no último encontro en Villalonga, moi en contra. No minuto 4, Rober aproveitábase dunha serie de rexeites, cos que levaba a varios adversarios, quedándose só diante de Lucas, ao que batía cun disparo certeiro colocado á escuadra esquerda. E como as desgrazas nunca veñen soas, aos cinco minutos, nun choque contra Óscar Pérez, Cardeñosa tíñase que retirar lesionado.

Con todo, aínda con dez xogadores sobre o campo, o Compos conseguía a igualada. Recoba aproveitaba un erro da zaga na saída de balón, para roubar o balón, ceder á diagonal de Tomás e este batía a Cortegoso cun zurdazo á escuadra contraria.

Xa con empate no marcador, o Compos mellorou e súas foron as mellores ocasións. A máis clara, sen dúbida, unha xogada similar á do gol. Roubo esta vez de Julián, que cede para Recoba e este manda coa esquerda o balón pegado ao poste. Xogada igual á do gol, pero distinto resultado.

Ademais desta, o Compos tivo dúas oportunidades máis. Un disparo de Make desde a frontal que se foi arriba e un tiro ao traveseiro de Mitogo nunha contra, na que regateou ao seu defensor e soltou un zambombazo que chocou contra o pau.

Con estes dous remates chegouse a un descanso que agradeceron uns e que lamentaron outros, máis aínda cando na segunda parte o xogo elaborado do Compos non luciu tanto.

Así, no 61, Lucas respondía cunha gran parada a un lanzamento de falta de Gabi Misa que se coaba pola escuadra. Estirada previa á única ocasión clara do Compos no segundo acto.

Nunha gran xogada combinada, o balón chegaba entre liñas para Tomás, quen lle pegaba cruzado buscando superar a un Cortegoso que nesta ocasión sacou a relucir os seus reflexos, cunha soberbia parada. Con todo, ao tentar evitar o córner, Recoba roubáballe o balón e disparaba a unha portería que cubrían só dous defensas, pero o seu zurdazo íase fóra.

Chegou o tempo dos cambios e aí estivo mellor o Choco. Entraron dous homes moi importantes para eles na tempada pasada, Comis e Silva, e o equipo mellorou de forma substancial. Melloraron fisicamente e o Compos sufriu.

Deste xeito, no desconto, chegarían dúas ocasións de perigo para o equipo redondelano. Primeiro, no 90, Lucas detiña en dous tempos un disparo de Rober desde a frontal tras o rexeite dunha falta, e no 92, de novo Lucas despexaba o balón cunha espléndida parada tras un gran lanzamento de Silva.

Foi o desenlace dun encontro no que houbo unha metade para cada conxunto. Un punto máis para ambos que suman 22 e 16, respectivamente. Quinta semana consecutiva empatando do Compos que xogará o xoves en casa, en xornada entre semana, ante o Cerceda, equipo que leva un refacho meteórico de seis partidos gañados consecutivos.

FICHA TÉCNICA:

1- CD Choco: Cortegoso; Gonzalo, Yago, Lucas, Gándara; Alberto Suárez, Gabi Misa (Feijoo, m.79); Rober, Félix (Comis, m.62), Marquitos; e Óscar Pérez (Silva, m.68).

1- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa (Make, m.15), Taboada, Cabrejo; Mon; Recoba (Diego Rey, m.84), Julián, Ube, Tomás; e Mitogo (Nogueira, m.68).

Goles: 1-0: Rober, min.4. 1-1: Tomás, min.15.

Árbitro: Cives Enjo, colexio coruñés. Mostrou cartón marelo a Óscar Pérez polos locais; e Mon, Tomás e Ube polos visitantes.

Incidencias: Partido disputado no campo de Santa Mariña ante 350 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso gran delegado, AnteloMoitos parabéns!!! A desfrutalo!!!E moitas grazas polo teu traballo e compromiso, sempre ao servizo para o mellor do Compos 🩵🤍 📸 Ignacio Castaño Gómez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Ces Cotos, equilibrio, personalidade e bo trato de balón para o centro do campo do Compos⚽️ O mediocentro venezolano, con ampla experiencia no fútbol galego, chega do Utebo, da #SegundaFederaciónℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/21/ces-cotos-fichaxe-compos-26-27/#benvidocescotos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Xa dispoñible á venta a nova camiseta do Compos!!🙌 Na #compostenda ou na web de Fútbol Emotion 📲 www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela🎟️ RECORDA que se eres abonado, tes un 10% de desconto!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.