Dúas vitorias e tres empates na fin de semana

5 de Decembro de 2016

Santiago de Compostela, a 5 de Decembro de 2016.

A fin de semana das categorías inferiores da SD Compostela foi un tanto dispar. Un total de dous equipos, o Xuvenil A e o Infantil A, gañaron os seus partidos; outros tres empataron os seus; mentres que outros dous perdéronos.

Despois de manter unha magnífica xeira de catro partidos sen perder, o xuvenil de Liga Nacional non puido manter a súa boa dinámica, xa que perdeu por 0-2 ante o segundo clasificado, o Deportivo B.

Con este resultado cae varios postos, aínda que segue na pelexa na metade de táboa. Para manterse aí, tentarán puntuar este sábado ás 16:00 no complicado Estadio Roca (Villalba) ante o Racing Club Villalbés.

Quen si mantén os seus bos resultados é o Xuvenil B, que suma por terceira semana consecutiva. Esta vez cunha gran vitoria fóra de casa contra o Val do Ulla, ao que se lle achega a tan só un punto na clasificación.

A pesar de que os locais se puxeron por diante no minuto 49 por mediación de Xenxo Castro, en once minutos o Compos deulle a volta ao marcador, cos tantos de Darío Boga e Gonzalo Pampín.

Agora, o equipo branquiazul enfrontarase á UD Bastavales, duodécimos con 17 puntos, o domingo ás 12 no Municipal das Cancelas.

Tamén sumou, aínda que un punto, o Cadete, despois de empatar en casa ante o Vitoria FC, cuarto clasificado en Liga. Os homes de Cristian Maneiro adiantáronse no minuto 40 co gol de Santiago Ibáñez, pero os visitantes empataron na segunda metade grazas ao gol de Francisco Jiménez.

Con 22 puntos, a SD Compostela está décima na táboa, posición que tentarán mellorar a semana que vén ante o Milladoiro, equipo que supera ao Compos en seis puntos. O partido será o domingo ás 11 no Novo Campo Milladoiro.

Tamén recupera o sorriso o Infantil A, que tras tres semanas sen coñecer a vitoria, volveu sumar de tres grazas ao triunfo por catro goles a cero ante o Villestro. Os compostelanistas triunfaron cos goles de Alejandro Parga (dous), Iago Fernández e David Porto.

Cuartos con 31 puntos, enfrontaranse tamén ao Milladoiro no Novo Campo Milladoiro, o sábado ás 11.

Non tivo tanta sorte o Infantil B, que caeu na súa visita ao Ulla Pontecesures por 3-2. Os locais puxéronse por diante con tres tantos na primeira metade e, pese ao dobrete de Alejandro Dopazo, o Compos non puido sumar ningún punto.

Con esta derrota o equipo queda sexto con 17 puntos, os cales tentarán ampliar ante o SR Calo, o domingo ás 10:15 nas Cancelas.

En alevíns, o A non xogou xa que o seu partido está marcado para o martes ás 12:30 no Municipal Rebordelo.

Mentres que o B, empatou no seu partido contra o Santiago de Compostela a un gol, tanto anotado polo goleador do equipo Etien Pignol.

Con este punto colócanse oitavos, posición que tentarán mellorar cunha vitoria ante o AD Burgo dás Nacións o sábado 17 de decembro ás 9:30.

Do mesmo xeito que estes últimos, o Benxamín tamén empatou a un gol aínda que ante a Escola Deportiva Santiago. A diana foi anotada por Alejandro Prado no minuto 4.

O seu próximo partido tamén será o sábado 17 de decembro en Santa Isabel, neste caso ás 13:30, contra o CF Vista Alegre.

Por último, citar que Abril Pazos, coa selección feminina de Santiago sub12 de fútbol8, e Pablo López, coa selección masculina de Santiago sub12 de fútbol8, están convocados para disputar o campionato comarcal que terá lugar este martes na Moreira (Xinzo de Limia)

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario un dos nosos, Pablo Antas 🩵🤍🎂 Moitos parabéns!🙌 Celebrémolo con dúas vitorias esta semana! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ A por dúas vitorias na casa!1/2 Copa 🆚 UD Poblense🏟️ Vero Boquete🗓️ Mércores 16/10🕗 20.00 horasx8 🆚 CD Guijuelo🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 20/10🕛 12.00 horas🎟️ Entradas online 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🩵🤍 Os abonados accederán de balde a ambos encontros #CopaRFEF #compospoblense #composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Traballar duro para lograr dúas vitorias⚽️ Os nosos regresan hoxe aos adestramentos para preparar os dous encontros desta semana na casa #CopaRFEF #compospoblense #composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋Cantera - Real Racing Club 2️⃣-1⃣ COMPOS#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSO Cantera - Real Racing Club 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Fer Cano👉 Partido moi igualado, con alternativas para ambos conxuntos e que se vai ao tempo de lecer con empate#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.