Outro empate de visitante

11 de Decembro de 2016
Make no partido contra a SD Negreira. Foto: Amadeo Rey.
Make no partido contra a SD Negreira. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 11 de Decembro de 2016.

Desde que comezou a campaña para este novo proxecto da SD Compostela, o que máis lle custou ao equipo foron os partidos lonxe de San Lázaro. Durante todo este tempo, o equipo de Yago Iglesias non conseguiu adaptarse aos terreos de xogo que tivo que visitar, a maioría cunhas dimensións totalmente distintas ás do estadio santiagués. Con todo, a tónica deixa unha nota positiva, xa que nos últimos catro partidos conseguiu empatar. Catro puntos que saben a pouco, valorando que se escaparon algúns como no partido de hoxe, pero que deixan unha esperanza para a segunda volta.

Na xornada de hoxe, no García Calvo, nun partido trabado, o Compos conseguiu adiantarse no marcador, pero unha gran xogada da nova incorporación do Negreira, Adrián Quintairos, impediu que os tres puntos os levasen os branquiazuis.

Dicía Yago na previa que necesitaban impoñer o seu xogo ante unha SD Negreira que pretendería retardar o encontro, evitando as xogadas combinativas do cadro santiagués. Durante 45 minutos os de Jose Manuel Pouse conseguírono. Lograron que na primeira metade non houbese apenas achegamentos á área, evitando desta maneira as perigosas xogadas trenzadas do Compos. As máis claras chegaron nos últimos dez minutos, nos que conseguiron xerar algunha oportunidade, pero sen perigo.

Con todo, á volta dos vestiarios, e a diferenza doutros encontros, foi a SD Compostela a que tomou as rendas do encontro e a que cambiou o tino do choque. Así, en tan só cinco minutos os branquiazuis tiveron dous achegamentos perigosísimos.

No 47, o meta local Mario aparecía para realizar unha sensacional parada a un tiro de Julián, tras a asistencia de Recoba. E dous máis tarde, o porteiro do Negreira volvía responder a senllos remates de Nogueira e Make, evitando a euforia visitante.

Con todo, non puido facer nada cando Cardeñosa, no 55, remataba de cabeza un centro medido de Make, tras unha gran xogada do mediocentro por liña de fondo.

O resultado respondía ao ofrecido por ambos os conxuntos, con todo, este non se ampliou e acabou penalizando ao cadro da capital galega, e é que no 70, nunha contra de libro, Recoba finalizábaa cun disparo que se ía arriba, cando tiña todo de fronte.

Mentres que no 84, a nova incorporación da SD Negreira, Adrián Quintairos, aproveitaba a súa oportunidade para selar o empate. O dianteiro controlou o balón dentro da área de costas, virouse e lanzou un gran chute que superou a Lucas.

Os tres puntos íanse e, a pesar de que quedaban dez minutos e que os locais quedaron con dez xogadores tras a expulsión de Angelo, estes xa non volverían. Sétima xornada consecutiva sen perder para un Compos que está a seis puntos dos postos de playoff e a cinco do Barbadás, rival o domingo que vén en San Lázaro.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS, CAMPIÓN DO TRIAGULAR VILA DE CAMBADOS@DeporCanteira 2️⃣ (8) - 2️⃣ (9) COMPOS⚽️ Goris | Manu RivasCOMPOS 1️⃣-0️⃣ Arosa SC⚽️ Turbi👏 Gran participación dos nosos que seguen a coller sensacións para a tempada📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🔚 FINAAL@DeporCanteira 2️⃣ (8) -2️⃣ (9) COMPOS⚽️ Goris e Manu Rivas👉 Gañamos nunha tanda de penaltis interminable, tralo empate nos 45 minutos🧤 Edu parou o noveno penalti e Miguel Prado asinou o definitivo🏆 O campión do Triangular Vila de Cambados sairá do noso seguinte encontro📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
1' |0️⃣-1️⃣|🔛 COMEZOU o partido en Cambados e..... GOOOOOLLL de GORIIISSS!!! ⚽️⚽️⚽️Adiántanse os nosos contra o Fabril nada máis arrincar, co tanto do canteirán trala asistencia de Edu González📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
Hoxe, dobre cita en Cambados! 🩵🤍🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril🕢 19:30 horas🆚 Arosa SC🕣 20:30 horas🏟️ Municipal de Burgáns🎟️ 10€🏆 Triangular Vila de Cambados#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.