Outro empate de visitante

11 de Decembro de 2016
Make no partido contra a SD Negreira. Foto: Amadeo Rey.
Make no partido contra a SD Negreira. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 11 de Decembro de 2016.

Desde que comezou a campaña para este novo proxecto da SD Compostela, o que máis lle custou ao equipo foron os partidos lonxe de San Lázaro. Durante todo este tempo, o equipo de Yago Iglesias non conseguiu adaptarse aos terreos de xogo que tivo que visitar, a maioría cunhas dimensións totalmente distintas ás do estadio santiagués. Con todo, a tónica deixa unha nota positiva, xa que nos últimos catro partidos conseguiu empatar. Catro puntos que saben a pouco, valorando que se escaparon algúns como no partido de hoxe, pero que deixan unha esperanza para a segunda volta.

Na xornada de hoxe, no García Calvo, nun partido trabado, o Compos conseguiu adiantarse no marcador, pero unha gran xogada da nova incorporación do Negreira, Adrián Quintairos, impediu que os tres puntos os levasen os branquiazuis.

Dicía Yago na previa que necesitaban impoñer o seu xogo ante unha SD Negreira que pretendería retardar o encontro, evitando as xogadas combinativas do cadro santiagués. Durante 45 minutos os de Jose Manuel Pouse conseguírono. Lograron que na primeira metade non houbese apenas achegamentos á área, evitando desta maneira as perigosas xogadas trenzadas do Compos. As máis claras chegaron nos últimos dez minutos, nos que conseguiron xerar algunha oportunidade, pero sen perigo.

Con todo, á volta dos vestiarios, e a diferenza doutros encontros, foi a SD Compostela a que tomou as rendas do encontro e a que cambiou o tino do choque. Así, en tan só cinco minutos os branquiazuis tiveron dous achegamentos perigosísimos.

No 47, o meta local Mario aparecía para realizar unha sensacional parada a un tiro de Julián, tras a asistencia de Recoba. E dous máis tarde, o porteiro do Negreira volvía responder a senllos remates de Nogueira e Make, evitando a euforia visitante.

Con todo, non puido facer nada cando Cardeñosa, no 55, remataba de cabeza un centro medido de Make, tras unha gran xogada do mediocentro por liña de fondo.

O resultado respondía ao ofrecido por ambos os conxuntos, con todo, este non se ampliou e acabou penalizando ao cadro da capital galega, e é que no 70, nunha contra de libro, Recoba finalizábaa cun disparo que se ía arriba, cando tiña todo de fronte.

Mentres que no 84, a nova incorporación da SD Negreira, Adrián Quintairos, aproveitaba a súa oportunidade para selar o empate. O dianteiro controlou o balón dentro da área de costas, virouse e lanzou un gran chute que superou a Lucas.

Os tres puntos íanse e, a pesar de que quedaban dez minutos e que os locais quedaron con dez xogadores tras a expulsión de Angelo, estes xa non volverían. Sétima xornada consecutiva sen perder para un Compos que está a seis puntos dos postos de playoff e a cinco do Barbadás, rival o domingo que vén en San Lázaro.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🫂🩵🤍 Xornada de convivencia dos nosos na Senda do PoolUnha vez máis, queremos agradecer ao noso establecemento colaborador por acollernos no seu localCollemos impulso para unha tempada ilusionante! 🚀 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A SD Compostela realizou esta mañá unha ofrenda ao Apóstolo SantiagoNa Catedral, recibiunos o seu deán, Manuel Jesús Formoso, quen desexou moita sorte ao equipo para esta Tempada 26/27 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 1🩵🤍 O técnico valorou a pretempada, o inicio da Liga e a importancia de conectar coa afección desde o comezo👉 A rolda de presa tivo lugar no Restaurante San Jaime, patrocinador do club ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📸🩵🤍 ROQUE, TEOFILOVIC E IAGO DOMÍNGUEZ SON XA BRANQUIAZUIS!✅ Os tres están preparados para o comezo da Liga! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Roque, Iago Domínguez e Teofilovic🩵🤍 As tres últimas fichaxes do Compos foron presentadas no Restaurante La Planta, novo patrocinador do club👉 Acompañounos José Antonio Vilaseco, propietario do establecemento compostelán ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.