Julián deixa a SD Compostela

22 de Decembro de 2016
Julián, no partido contra o Céltiga. Foto: Amadeo Rey.
Julián, no partido contra o Céltiga. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 22 de Decembro de 2016.

Por motivos profesionais, Julián López Moure ten que deixar a Sociedade Deportiva Compostela por incompatibilidade do seu horario de traballo cos adestramentos do primeiro equipo.

O xogador, que chegou procedente do Ordes este verán, nesta primeira volta foi titular nun total de 13 partidos, mentres que disputou outros cinco saíndo desde o banco. Dos dezaoito partidos nos que estivo convocado, por tanto, disputou dezasete, co que queda demostrado que era un xogador indiscutible dentro do esquema de Yago Iglesias.

Un referente tanto dentro como fóra do campo, Julián demostrou durante a súa estancia no club a súa madurez futbolística, a parte de ter un comportamento exquisito. Ademais, citar tamén que durante estes partidos anotou un gol, no partido xogado contra o Céltiga.

Dada a importancia do futbolista, o Compos tentou ata o último minuto que puidese compatibilizar o seu horario laboral có horario de adestramento, pero foi imposible.

Por iso, desde o club queremos agradecer a Julián a súa actitude connosco e desexarlle moita sorte na súa nova etapa. Grazas Julián.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOUArosa SC 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.