Regalo de reis

7 de Xaneiro de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://www.youtube.com/watch?v=YLzTSGGuoUw” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 7 de Xaneiro de 2017.

Despois do parón do Nadal, o fútbol regresa a San Lázaro cun auténtico partidazo. A parroquia compostelá acabará este período de festas gozando do encontro que enfrontará este domingo ás 17h á Sociedade Deportiva Compostela e ao RC Deportivo B, dous dos conxuntos con máis soleira dentro da Terceira División galega.

Xogarán o sétimo clasificado con 29 puntos, contra o terceiro con 35. Un que leva oito partidos sen coñecer a derrota e o outro que suma cinco triunfos nos últimos seis partidos. Un dos equipos máis fiables en casa, con tan só unha derrota, contra “o punto débil” dos deportivistas, onde levan catro das seis derrotas que acumulan no que vai de tempada.

O partido da primeira volta terminou coa clara vitoria dos coruñeses por 5-1, polo que a escuadra de Yago Iglesias ten esa fame de vinganza para facer esquecer aquel mal resultado co que comezaron o curso, logrando así tamén un bo inicio de segunda volta.

“Na segunda volta, como dixen antes de irnos ao parón, a semana a semana imos seguir afrontándoa igual, pero coa referencia do partido disputado na primeira, tentando sempre mellorar o resultado que logramos nela”, asegura Yago.

O obxectivo está claro: “Queremos seguir coa dinámica positiva que temos en casa, co xogo que realizamos en San Lázaro, e que os tres puntos queden aquí”.

Con todo, quizais o partido non volva chegar no mellor momento, pola preparación física que tivo o filial deportivista nestas datas. “Nesta época van a un nivel por encima da categoría e por iso espérome un Deportivo eléctrico, con moito ritmo e que en campos grandes manexa un fútbol moi bo e que lle xera moitos problemas a calquera rival”, explica o técnico branquiazul.

De feito, os eloxios de Yago ao Fabril non quedan aí, senón que puntualiza que “é o mellor da categoría porque cumpre todos os requisitos para selo: a nivel individual, técnico-táctico, de preparación, de horarios e capacidade de adestramento, de instalacións, no económico e sobre todo pola entidade que é”.

Outro dos aspectos que terá que superar o Compos, son as baixas que sufriu neste período do Nadal. Á de Juanín e Julián, sumáronse a de Alberto, Manu Cedrón e Mitogo na última semana, unhas baixas que aínda non foron cubertas, pero que se espera que se cubran “no período máis curto posible”. Iso si, os que veñan terán que “adaptarse ao perfil de xogador que queremos: mozo, con proxección, que poida competir e que na súa posición faga mellor ao outro xogador” e amplía “que non sexa un veterano nin pasado de voltas, senón que veña con ganas, con ilusión e se pode ser con rodaxe na categoría, mellor”. Búscanse “un porteiro, un en liña defensiva e outro para a parcela de ataque”.

Con todo, e como é evidente, Yago confía plenamente nos seus xogadores e cre “que poderemos facer un bo partido”. Os que teñen ficha están todos dispoñibles, incluído Samu, o que permitirá ao Compos “manexar máis rexistros, que traballamos e que segundo vaia ao partido podémonos amoldar a eles, en función do que o rival faga e nos deixe facer”.

Sexa co esquema que sexa e cos xogadores que xoguen, Yago e os seus mozos buscan unha vitoria ante o Deportivo B como agasallo de reis.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
📋⚽️ Carlos de Lerma1️⃣ Edu Sousa3️⃣ Miguel Prado4️⃣ Unai Peón6️⃣ Damián Noya🔟 Parapar1️⃣4️⃣ Jordan1️⃣6️⃣ Rafa de Vicente1️⃣8️⃣ Dani González1️⃣9️⃣ Buba2️⃣2️⃣ Uzal ©️2️⃣4️⃣ Turbi📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
Hoxe, xogamos! 🩵🤍🆚 CDLalín 🕢 19:30 horas🏟️ Novo Campo do Doce🎟️ 5€🏆 VII Trofeo Vila de Padrón#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📸🩵🤍 Toxo Telecom 📲 Recorda, se eres abonado do Compos e contratas a tarifa de Fibra e Móbil de #toxo, devolveránseche as cotas ata o importe total do abono👉 Tamén gozarás dun 10% de desconto nas cotas ata final de tempada🤝 Grazas polo apoio e por recibirnos hoxe na presentación oficial de Buba e Mario Hermo como novos xogadores do Compos📌ℹ️ Pásate pola nova oficina de Toxo en Xeneral Pardiñas, 21, e coñece todas as vantaxes da compañía de telecomunicaciósn galega ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.